Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA COMERCIAL -AS COMPRAS EN TOMIÑO TEÑEN PREMIO-

Tivo lugar o pasado Luns 7 de Novembro na Praza do Seixo de Tomiño

Fecha: 08 de Noviembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns foi presentada na Praza do seixo a Campaña Comercial -As Compras en Tomiño teñen premio- da Federación Galega de Comercio  en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Tomiño ADETO, a Dirección Xeral de Comercio e NovaGalicia Banco.

A Federación Galega de Comercio, a Federacióm de Comercio de Pontevedra e a Asociación de Comerciantes de Tomiño ADETO presentaron unha campaña de dinamización do consumo nas vilas galegas, que baixo o lema "As compras na túa vila teñen premio", desenrolaráse en Tomiño dende o Luns 7 ata o 18 de Novembro. A iniciativa premiará con 3.000€ á confianza no comercio retallista, sorteándose dúas tarxetas regalo de 300€ e 24 tarxetas regalo de 100€.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que aposten polo comercio tradicional desta vila poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na Praza do Seixo ou ás promotoras que se atoparán polas rúas, quenes lles entregarán boletos de participación para o sorteo final que terá lugar o venres, 18 de novembro, nunha carpa ubicada na mesma Praza do Seixo, dentro do programa dunha Festa Final de Campaña que contará con actuacións para nenos e adultos. O sorteo será ese día ás 20.00 horas en directo e os posuidores dos boletos deberán estar presentes para converterse en gañadores.


Destacar ademáis que os clientes que aporten ás promotoras o xustificante de pagar coas Tarxeta Mastercard do Comercio Galego e Tarxeta Comercio de Novagalicia Banco, duplicarán a súa participación, obtendo dous boletos por cada ticket presentado.


A campaña será publicitada nos establecementos de Tomiño, que contarán con carteis e repartirán entre os seus clientes trípticos informativos.


A iniciativa "As compras na túa vila teñen premio" está organizada pola Federación Galega de Comercio, en colaboración coas Federacións Provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. Neste primeiro semestre do ano, desenrolarase en oito localidades galegas, entre elas Tomiño, contando para elo coa colaboración de ADETO, que preside Manuel Pérez Riveiro.
 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones