Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DA XI MARCHA BTT MONTE ALOIA, III ANDAINA E II MARCHA POPULAR EN TUI

Os tres eventos coincidirán o 12 de Maio no Concello de Tui

Fecha: 07 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns día 6 de Maio de 2013 tivo lugar en Tui a presentación de tres eventos deportivos que coincidirán na cidade tudense o vindeiro Domingo día 12 de Maio de 2013. Na presentación estiveron presentes o alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Sr. Nicolás Lorenzo, o presidente do Club MTB Aloia, Sr. José Carlos Vila e o secretario da AAVV A Lavandeira Sr. Emilio Alonso.

Trátase da XI Marcha BTT Monte Aloia, a III Andaina e a II Marcha Popular que se organizan conxuntamente entre o Club MTB Aloia, a AAVV A Lavandeira de Rebordáns contando co apoio do Dpto. de Deportes do Concello de Tui, Protección Civil, Policia Local e a Cruz Vermelha de Valença do Minho.

Agárdase que preto de 500 persoas participen esta fin de semana nas tres actividades organizadas, contando xa con 11 anos de experiencia no caso da Marcha BTT, coa premisa de disfrutar dun entorno privilexiado como é o Parque Natural do Monte Aloia, cunhas impresionantes vistas da contorna. Nesta edición baixouse de 35km a 28km o percorrido para favorecer a participación dun maior número de persoas e se empregarán novas vías baixando por un cortafogos dun gran desnivel que causará gran expectación e lle brinda máis atractivo ós ciclistas máis aventureiros.

A XI Marcha BTT Monte Aloia sairá ás 9.30h do Parque do Montiño en Rebordáns para realizar un percorrido de 28 quilómetros. En primeiro lugar dirixiranse cara o Paseo da Corredoira e logo cara o conxunto histórico, onde os participantes máis atrevidos protagonizarán un dos primeiro momento máis espectacules da marcha coa baixada das escaleiras da Praza da Estrela ata o Paseo Fluvial. Logo terán 15 quilómetros de subida ata o Monte Aloia, e na ruta de regreso novamente outro punto espectacular coa baixada por un cortalumes. Jose Carlos Villa, presidente de MTB Aloia, explicaba que sempre buscan innovar en cada edición. A inscrición para a Marcha pódese facer ata este xoves, 9 de maio, en http://mtbaloia.blogspot.com.es/.

Emilio Alonso, da AAVV "A Lavandeira" , pola súa parte explicou as características da Andaina, dirixida a acompañantes e ao público en xeral, que fará un percorrido circular, de 8 quilómetros, con saída e chegada no Parque do Montiño. Mentres a II Marcha Popular de BTT que irá a ribeira do Louro completará un total de 16 quilómetros. As tres actividades - Marcha, Andaina, e Marcha Popular- coincidirán entorno ás 12h na Poza Baqueiro,onde amais está prevista a actuación da Banda de Bombos de Fonte do Frade.

FOTOGRAFÍAS

(Fai clic na fotografía para acceder á galería)

Fotografía

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones