Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DA XXII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL E CARREIRA 10K

Presentouse o pasado Venres 11 de Xullo de 2014 no Lagar de Eiras no Rosal

O pasado Venres día 11 de Xullo de 2014 tivo lugar no Lagar de Eiras, no Rosal a presentación conxunta da XXII Feira do Viño e Carreira 10k O Rosal.

Fecha: 12 de Julio de 2014

Fuente: Infomiño.com

 

O pasado Venres día 11 de Xullo de 2014 tivo lugar no Lagar de Eiras, no Rosal a presentación conxunta da XXII Feira do Viño e Carreira 10k O Rosal.

Nesta presentación, baixo a dirección do presentador Terio Carrera, estiveron presentes o alcalde do Rosal, a Concelleira de Cultura, o Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, unha representante de Banco Mediolanum, o deportista rosaleiro Serafín Martínez, o guía local Juan Ramón Martínez, a coordinadora e organizadora da Feira, así coma representantes de Adegas e locais participantes.

A  XXII Feira do Viño do Rosal, celebrarase os días 18, 19 e 20 de xullo na Praza do Calvario, reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

Os días 18, 19 e 20 de Xullo, coincidindo coa XXII Feira do Viño de Ou Rosal, o Grupo Filatélico e Numismático Val de Ou Rosal celebra a XXI edición da súa exposición filatélica.
Como en edicións anteriores, este ano contarase con matasellos conmemorativo e selo personalizado. Este ano están dedicados a D. José Mª Alonso Francisco "Cuncho" , de S. Miguel de Tabagón, último alcalde republicano en O Rosal e recoñecido viticultor. Coincide este ano co 70 Aniversario da concesión pola Diputación Provincial, do 1º Premio de Viños de Ou Rosal, outorgado a un viño da súa colleita.
Como todos os anos, nesta exposición participarán filatélicos e numismáticos do Baixo Miño, e outras localidades.
O local, é o de edicións anteriores : Salón de Exposicións do Concello.
As temáticas serán variadas e moi interesantes  

A Inauguración levarase a cabo o venres 18, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. A persoa encargada de inaugurar a Feira será a Conselleira do Medio Rural e do Mar, D.Rosa Quintana.

O pregoiero este ano será Pepe Cadavedo, Periodista radiofónico especializado en gastronomía.

A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

Actividades para nenos

Este ano como novidade e despois da demanda xurdida ó longos destes anos imos dispor de inchables e de obradoiros de maquillaxe para nenos. As persoas que consuman na feira seráselles entregados vales para utilizar nas dúas actividades.

Autobuses

Igual que en edicións anteriores, haberá un servizo gratuito de transporte entre A Guarda e O Rosal a intervalos de 30 minutos dende as 21:30h ata as 2:00h e o Domingo ata as 00:00h

Exposicións


HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:30 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:30 e de 20 a 22 horas

• PINTURA de MARÍA SOBRINO PEREIRA
• ESCULTURAS do COLECTIVO SOMOSARTE
• XXI MOSTRA NUMISMÁTICA E FILATÉLICA do GRUPO "VAL DO ROSAL"

CARREIRA 10K E ANDAINA O DOMINGO 20 DE XULLO

Para o Domingo día 20 d eXullo está prevista a realización da Carreira 10k, na que xa se inscribiron máis de 200 participantes de toda España e que terá lugar ás 11:30h con punto de partida e chegada na Praza do Calvario do Rosal.

Esta proba terá 10.000 metros aproximadamente (6,21 millas), 100% en asfalto e con mínimos desniveis.  

Paralelamente se organiza unha Andaina guiada por Juan Ramón Barbosa.

Máis información: http://www.10korosal.com

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

 

 

 

 

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones