Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Especial - Presentación da XXVI Feira do Viño do Rosal

O pasado venres presentouse oficialmente a XXVI edición da Feira do Viño do Rosal

O pasado venres presentouse oficialmente a XXVI edición da Feira do Viño do Rosal

Fecha: 12 de Julio de 2018

Fuente: J. Alonso/Infomiño.com

XXVI FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

O pasado venres 6 de xullo realizouse a presentación da XXVI Feira do Viño do Rosal, realizando as súas intervencións Mª Carmen Alonso Alonso, Alcaldesa do Rosal e Charo Tabales Perozo, Concelleira de Cultura e responsable das Exposicións realizadas na Feira do Viño. Ao acto de presentación asistiron representantes das diferentes adegas participantes e medios de comunicación.

Este ano celebrase a XXVI Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas.

Celebrarase os días 13, 14 e 15 de xullo na Praza do Calvario reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A feira do viño, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

 

 

A Inauguración levarase a cabo o venres 13, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario e a persoa encargada de inaugurar a Feira será a Conselleira de Medio Rural, Ángeles Mejuto Vázquez.

Pola outra banda, a encargada de facer o pregón este ano será a actual Vicepresidenta do prestixioso Institute of Masters of Wine, Sarah Jane Evans. Escritora, periodista, experta e apaixoada dos nosos viños e unha das figuras máis relevantes do Reino Unido. (Anexo)

A feira do viño do Rosal consolídase un ano máis cun dobre obxectivo; promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro, contando cun orzamento previsto para este ano ronda os 50.000€

A Praza do Calvario acollerá os stands das 9 adegas participantes, ademáis de varios stands de produtos vexetais, obrador, destilería e do  Consello Regulador da D.O. Rías Baixas. Contarase con 7 restauradores da zona que proveerán de diferentes produtos gastronómicos, e disporase dunha carpa de 10 x 25 metros na que se poderán acomodar ata 260 persoas e colocaranse 100 mesas altas (barriles) e 100 mesas das baixas tratando de encher a praza. No centro da praza contarase co stand de información e venda de cataviños

En canto ambientación musical contarase con tres grupos musicais, un para cada día, así como dous grupos de música tradicional galega.

• Venres, a partir das 23:00: Grupo La Fábula
• Sábado a partir das13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"
• Sábado, a partir das 23.00 Grupo La Patrulla (Anexo)
• Domingo, a partir das 13:30 Grupo de música tradicional galega "O Trebón dos Xidos"
• Domingo, a partir das 18:30 horas: Grupo Terapia de Grupo (Anexo)

As actividades complementarias que se realizarán durante a feira son:

a.- por un lado repetiremos como nas pasadas edicións de inchables, obradoiros de maquillaxe para nenos e outras actividades para entreter ós máis pequenos.

b.- Contaremos coa 5K ou 10K, a andaina e carreira de nenos nas que vos podedes anotar aínda na súa páxina web. www.10korosal.com

c.- Exposicións culturais (debuxo e pintura, cerámica, arquitectura en porexpan, fotografía e filatélica e numismática) que a Concelleira de Cultura vos explicará con mellor detalle.

E como novidade este ano contamos con tres actividades:

d.- Con motivo da visita de Sarah Jane, as bodegas estiveron organizando unha cata comentada dos viños do Rosal o venres da feira ás 13.00 no local da Liga de Amigos. Tódalas persoas interesadas en participar terán que anotarse previamente no concello para poder asistir a esta prestixiosa cata con Sara Jane Evans.

d.- Por outro lado, as bodegas en colaboración co Concello do Rosal imos a por en marcha por primeira vez na feira do viño un Showcooking e un obradoiro de cociña para nenos de 5 a 12 anos a través da futura Escola Profesional de Hostelería do Baixo Miño, situada aquí, no Rosal. No que se promocionarán produtos de temporada e da zona. A duración de cada actividade será dunha hora e media aproximadamente e os nenos regalaráselle un delantal e un gorro de cociñeiro. Os nenos interesados en participar deben anotarse previamente no concello para poder participar. (Anexo 4)

e.- Este ano como novidade contaremos cunha actividade vinculada á muller que será detallada pola Concelleira de Muller.

Un ano máis contaremos co servizo de transporte entre O Rosal e Tui, ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto

En canto ós participantes da feira son:

1. Pedregales
2. Gaudila
3. Altos de Torona
4. Gran Novás
5. Quinta Couselo
6. Santiago Ruiz
7. Lagar de Cervera
8. Valmiñor
9. Terras Gauda
10. A Rosaleira; productos vexetais envasados.
11. Ginabelle
12. Pazo Valdomiño
13. Rosabeles
14. Consello Regulador e Ruta do Viño Rias Baixas

1. Restaurante Xantar
2. Restaurante As Brasas
3. Mª Dolores Álvarez González.
4. Pastelería Montserrat
5. Pulpería Jose Carlos Potel
6. Pulpería Tere

PROGRAMA

Venres, 13 de xullo de 2017

13.30 Cata comentada de viños do Rosal realizado por sara janes (previa inscrición)

20.00 Inauguración a cargo do Conselleira de Medio Rural, Dna. Ángeles Mejuto Vázquez.

20.10 Pregón a cargo da Vicepresidenta do Institute of Masters of Wine, Sarah Jane Evans

20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal

23.00 Actuación musical a cargo de "La Fábula"

02:00 Peche da Feira

Sábado, 14 de xullo de 2018

11:00 Carreira de nenos

12:00 Obradoiro de cociña para nenos de 5 a 12 anos (previa inscrición)

13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"

20:00 Showcooking diante do concello.

23.00 Actuación musical a cargo do grupo "La Patrulla"

02:00 Peche da Feira

Domingo, 15 de xullo de 2018

10:00 Andaina 10k

11:00 Carreira 10K

13:30 Grupo de tradicional galega "O Trebón dos Xidos"

18:30 Actuación musical a cargo do grupo "Terapia de Grupo"

24:00 Clausura da Feira

Acordouse coas bodegas que durante o medio días dos días da feira estarán abertos uns stands o sábado e outros o domingo. Concretamente do seguinte xeito:

EXPOSICIÓNS do 13 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.

HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas
• COLECTIVA DE OBRAS DE DEBUXO E PINTURA DO ALUMNADO DO CURSO QUE SE IMPARTE NO ROSAL (MESTRA: ÁGUEDA SUÁREZ VICENTE)
• ARQUITECTURA EN POREXPÁN: MAQUETAS DE VIVENDAS RURAIS, IGREXAS E OUTROS EDIFICIOS GALEGOS EMBLEMÁTICOS. AUTOR: RAMÓN GONZÁLEZ GONZÁLEZ
• ARTESANÍA EN CERÁMICA. AUTORA: PILAR PINTOS MÍGUEZ
• COLECTIVA DE FOTOGRAFÍA: LIBERTIMAXE, IMAXES EN LIBERDADE. AUTORES/AS: EVA GARCÍA, LUÍS ENRÍQUEZ, SALVADOR DALDEA, JOSÉ CAROS CASTRO, MIGUEL BAZ E LALO RODRÍGUEZ
• COLECTIVA DO GRUPO FILATÉLICO E NUMISMÁTICO VAL DO ROSAL, XXV EDICIÓN (NESTA OCASIÓN CONTAREMOS COA EXPOSICIÓN DE ETIQUETAS DE 120 ADEGAS DE TODO O TERRITORIO ESPAÑOL DE HERMINIO AROCAS VÁZQUEZ)

 

 

 

 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

 O pasado venres presentouse oficialmente a XXVI edición da Feira do Viño do Rosal

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí