Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Especial - Presentación da XXVII Feira do Viño do Rosal

O venres 28 de xuño tivo lugar a presentación da XXVII edición da Feira do Viño do Rosal

O venres 28 de xuño tivo lugar a presentación da XXVII edición da Feira do Viño do Rosal

Fecha: 29 de Junio de 2019

Fuente: Concello do Rosal

Hoxe ás 12.00 h no Lagar de Eiras tivo lugar a presentación da XXVII Feira do Viño do Rosal e a Confraría de Cabaqueiros do Viño do Rosal na que están enmarcadas prácticamente a totalidade de adegas da subzona O Rosal.

Nesta presentación interviron a Alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e Erinque Costas Rodriguez, Presidente da Asociación de Adegas do Rosal. Así mesmo, estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sara Vicente Salcidos, e representantes das diferentes adegas e participantes na feira deste ano, que terá lugar os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario.
 
Este ano celebramos a XXVII Feira do Viño do Rosal, que unha vez máis reúne na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas.

Celebrarase os días 12, 13 e 14 de xullo na Praza do Calvario reunindo á maioría das adegas pertencentes a subzona do Rosal.

A feira do viño, que está xa consolidada, recibe anualmente milleiros de visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.

A Inauguración levarase a cabo o venres 12, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario. Estamos pendente de confirmar a persoa encargada de facer o acto de inauguración da feira.
Pola outra banda, o encargado de facer o pregón este ano xestíonase a través da Confraría dos Cabaqueiros do Viño do Rosal e estamos pendentes tamén de confirmalo.
En canto teñamos confirmadas ámbalas dúas cousas informarémosvos.
A feira do viño do Rosal consolídase un ano máis cun dobre obxectivo;
promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro. 
 
PROGRAMA
Venres, 12 de xullo
13.30 Cata comentada de viños do Rosal (previa inscrición)
20.00 Inauguración
20.10 Pregón
20.20 Presentación Confraría Cabaqueiros do Viño do Rosal, nombramento cofrades e entrega de insignias.
20.30 Visita ós expositores, exposicións e degustación de viños do Rosal
23.00 Actuación musical a cargo de "Pros&Ma"
02:00 Peche da Feira
Sábado, 13 de xullo
11:00 Carreira de nenos (previa inscrición)
12:00 Obradoiro de cociña para nenos de 5 a 12 anos (previa inscrición)
13:30 Grupo de música tradicional galega "Grupo de Gaitas Airiños do Folón"
19.30: Obradoiro de elaboración artesanal de tellas (previa inscrición)
20:30 Showcooking diante do concello.
23.00 Actuación musical a cargo do grupo "Terapia de Grupo"
02:00 Peche da Feira
Domingo, 14 de xullo
10:00 Andaina 10k (previa inscrición)
11:00 Carreira 10K (previa inscrición)
13:30 Actuación das "Pandereteiras Tremelique".
18:30 Actuación musical a cargo do grupo "Tonichi e Pacheco"
24:00 Clausura da Feira 

GALERÍA DE FOTOS

Haz clic en la imagen de abajo para acceder a la Galería de fotografías

O venres 28 de xuño tivo lugar a presentación da XXVII edición da Feira do Viño do Rosal

 
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones