Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DE TAPEARTE A GUARDA 2013

O evento gastronómico foi presentado o Luns 27 de Maio no Concello de A Guarda

Fecha: 28 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

Tapearte A Guarda  O pasado Luns día 27 de Maio de 2013 foi presentado no Concello de A Guarda  o proxecto "Tapearte A Guarda" coa presencia do Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas e o Presidente de Turismo Baixo Miño, Sr. David Vilar.

Este evento gastronómico coincide coa festividade das Alfombras florais do Santísmo que se realizan na madrugada do vindeiro Domingo día 2 de Xuño e segundo o Alcalde de A Guarda compaxina festa e gastronomía, agardando que sexa un éxito con 9 establecementos participantes que ofertarán tapas poe un prezo de 2€.

Domínguez Freitas resaltou o éxito que xa tivo en tempos pasados a realización da Ruta do Pincho e Ruta da Tapa promovidas por Ábaco, agardando que esta nova iniciativa abra novas vías de colaboración para organización de futuras campañas de dinamización da hostalaría, comercio e industria da vila guardesa.

O Presidente de Turismo Baixo Miño, Sr. David Vilar, resaltou que esta iniciativa é a primeira que se realiza por este organismo no Concello de A Guarda, agradecendo a colaboración do consistorio expondo que nestes tempos tan dificiles hai que aunar esforzos para promover as empresas locais aproveitando un evento de gran afluencia como é o das  Alfombras Florais, xa consolidado e complementado con esta cita gastronómica, que agardan que atraia máis visitantes para poder mostrar a gastronomía da vila.

Destacou que xa se promoveu unha iniciativa similar no Concello de Tui, con gran éxito de participación, con máis de 1000 tapas vendidas nos establecementos participantes, esperando que éste éxito se repita a vindeira fin de semana na Guarda.

Ademáis de encher o paladar coa gastronomía local, os participantes en Tapearte A Guarda poderán participar nun sorteo de premios enchendo unhas octavillas que se repartirán nos establecementos participantes.

Máis información da ruta e establecementos participantes no seguinte enlace: AQUÍ

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

Fotografía

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones