Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DO II TROFEO UNIVERSITARIO EURORREXIONAL A CELEBRAR EN TUI-VALENÇA ESTE SÁBADO 1 DE OUTUBRO

Onte 27 de setembro ás 10:00 h, celebrouse na Pousada -San Teootnio- de Valença do Minho, unha rolda de prensa para presentar o II Trofeo Interuniversitario Eurorrexional, organizado pola Fundación CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), a Cámara Munici

Fecha: 28 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com / www.concellotui

Onte 27 de setembro ás 10:00 h, celebrouse na Pousada "San Teootnio" de Valença do Minho, unha rolda de prensa para presentar o II Trofeo Interuniversitario Eurorrexional, organizado pola Fundación CEER (Centro de Estudios Eurorrexionais), a Cámara Municipal de Valença e o Concello de Tui.

Participaron o Presidente da Cámara Municipal de Valença, Jorge Mendes Salgueiro, o Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, o vereador de deportes da Cámara Municipal de Valença, José Temperao Monte, o concelleiro de deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo Montes, o Presidente da Fundación CEER, Dr. Rui Vieira do Castro, o Director do CEER, Carlos Ferrás, e Filipe Duarte, caonista universitario.

O sábado 1 de outubro as augas do río Miño serán testemuñas dun apaixonante encontro de remeiros e remeiras galegos/as e portugueses/as, na Segunda Edición do Trofeo Interuniversitario Eurorrexional en Barcos K4, que se celebrará na Eurocidade Valença do Minho-Tui, na que participaran deportitas das seis universidades da eurorrexión: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade do Minho, Universidade de Porto e Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro.

Para Valença e Tui, como lembraron os representantes dos concellos organizadores esta competición coincide co proceso de creación da eurocidade Tui-Valença, que quere converterse no referente da cooperación na eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.

A competición, da que sairán os/as mellores remeiros/as da Eurorrexión, é un acontecemento aberto ó público. Hai tres modalidades de carreira, una feminina, una masculina e una mixta, polo que ata tres Universidades se poden alzar cun trofeo. O pistoletazo de saída que dará lugar á primeira das carreiras será as 12.00 hora española; a seguinte comezará ás 12.20 e, por último ás 12.45 terá lugar a carreira mixta. Todas as carreiras sairán e chegarán ó Centro Interfederado de Tui, dando a volta na Ponte Internacional, cunha distancia total de 1000 metros.

Pero aquí non acaba a festa, xa que ademais dun encontro deportivo este será tamén un encontro cultural e festivo. Varias serán as actividades que amenizarán durante todo o día, tanto as rúas de Tui como as de Valença do Minho. Alumnos das Universidades da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (Universidade da Coruña, Univerisdade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Universidade do Minho, Universidade de Porto e Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro) serán os encargados das actividades culturais. As actividades que se levarán a cabo serán: por parte da USC, o Espazo de Danza realizará dous pases da súa actuación; a Vibratuna da UTAD e a Tuna Universitaria da UPorto farán disfrutar ós asistentes e, ademáis tamén haberá unha actuación dos Bomboémia da UMinho, que de seguro nos farán bailar.

O evento coincide este ano coa Festa das Tasquinhas en Valença do Minho, polo que tamén a gastronomía terá o seu lugar destacado neste día. E xa que este pretende ser un evento que congregue a numerosos estudiantes, varios establecementos ofertarán prezos populares en menús e aloxamento.
 
FOTOGRAFÍAS
VIDEOS
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones