Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN DO PLAN CULTURAL DA DEPUTACIÓN EN TUI

O orzamento que a entidade provincial destina a este fin é de 600 mil euros

Fecha: 22 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com / www.concellotui

O Plan Cultural da Deputación de Pontevedra conta este ano cun orzamento de 600 mil euros financiado pola entidade provincial e NovaCaixaGalicia. Este plan foi presentado esta mañá no Concello de Tui polo Deputado de Cultura, José Juan Durán, e polo Concelleiro de Cultura, Moisés Rodríguez.

Segundo explicou José Juan Durán neste plan cultural figuran mil grupos, 30 mil persoas e 2 mil actuacións no conxunto da provincia ás que asistirán 600 mil espectadores. Explicaba o deputado cultural que este plan "é o verdadeiro buque insignia da cultural na provincia" explicando que non ten paragón no panorama cultural a nivel nacional. Esta iniciativa apuntaba que consigue que "o bo facer das colectividades no campo da cultura en distintos eidos teña visibilidade a nivel provincial" co mesmo engadía que dende a Deputación "axúdase a capear o temporal de crise económica a estes colectivos" que grazas ao mesmo poden contar cunha cantidade económica fixa cada ano.

Explicaba José Juan Durán que esta presentación fíxose en Tui porque "é unha cabeceira de comarca importante, porque é un referente cultural na provincial, e polo moito e ben que se traballa culturalmente en Tui". Engadía que case un 20% dos grupos que forma parte do plan cultural pertencen a Tui ou a súa área de influencia.

O Concelleiro de Cultura de Tui, Moisés Rodríguez, destacou pola súa parte a "importante labor da Deputación porque na actual situación económica segue investindo en beneficio dos grupos que hai". Sinalaba nese senso que en Tui hai preto de 40 grupos dependentes dos distintos centros culturais. Deu amais as grazas a José Juan Durán por contar sempre con Tui ao longo do ano para diferentes eventos culturais coma o Festival de Bandas de Música ou exposicións. Explicaba tamén Moisés Rodríguez que dende o Concello teñen un convenio coas parroquias para que nas mesmas haxa un reparto xusto de actuacións deste plan cultural

O Plan Cultural hoxe presentado engloba a preto de mil agrupacións de toda a provincia de animación infantil, baile moderno, ballet, bandas de gaitas,bandas de música, cantautores, clásicos, grupos de gaitas, grupos folclóricos, grupos folk, grupos musico-vocais, de playbacks, humoristas, majorettes, masas corais, maxia, orquestra clásicas, pandereteiras, poetas, grupos de pop-rock, roldas, e teatro. Os espectáculos destas agrupacións poden ser solicitadas por concellos ou asociacións facéndose cargo a Deputación dunha parte do custo da actuación.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEO

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones