Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN HOMENAXE Á MAREA BRANCA EN A GUARDA

O monumento levantaráse na Zona Recreativa das Loucenzas en A Guarda

Fecha: 31 de Marzo de 2011

Fuente: Infomiño.com

PRESENTACIÓN PROXECTO HOMENAXE Á MAREA BRANCAO pasado Mércores 30 de Marzo de 2011, celebrouse no Salón de Plenos do Concello de A Guarda a Presentación do Proxecto "Homenaxe á Marea Branca (Historia do Prestige)". 

O acto foi presentado polo Alcalde de A Guarda, Sr. José Manuel Domínguez Freitas e o Canteiro de Oia, Sr. Xavier Garrido.

A iniciativa xurdiu do oiense Xavier Garrido, quen contactou co Concello de A Guarda para tentar buscar unha colaboración para a colocación dun monumento en homenaxe a todas aquelas persoas que durante a catástrofe do Prestige, axudaron a limpar o "chapapote" da costa galega.

Tralo primeiro contacto co Concello de A Guarda, fíxose un compromiso dende a corporación local, para colaborar na búsqueda dun emprazamento e na colacación do monumento.

Xavier Garrido é un coñecido canteiro, veciño do Concello de Oia, que traballa na reproducción en pedra dos petroglifos dos montes galegos, ademáis é tamén coñecido polo seu  traballo coma percebeiro da Cofradía de Pescadores Sta. Tecla de A Guarda.

O proxecto do monumento xurde cando Xavier atopa un tronco na costa de Oia, cunhas dimensións duns 18 metros de longo, momento no cal ocorríuselle a idea de homenaxear ás persoas que traballaron na limpeza do chapapote na costa galega. Xavier recorda coma milleiros de persoas, achegados dende diferentes puntos de España, e mesmo do extranxeiro, viñeron a Galicia coma voluntarios para traballar na limpeza do chapapote tralo afundimento do petroleiro Prestigeo 19 de Novembro de 2002.

O que non se esperaba Xavier, foi que o tronco recuperado da auga, cun intenso olor a combustible, proviña, nada máis e nada menos, que dos Estados Unidos, ó identificalo mediante unha chapa numérica que viña adosada ó mesmo, polo cal atravesara todo o océano atlántico ata chegar á costa de Oia.

Xavier comezou nese intre a traballar neste proxecto, solicitando a todos aqueles voluntarios que traballaron na limpeza do chapapote na costa galega, a que lle enviasen pequenas pedras que formarán parte do monumento. A día de hoxe xa ten recibido máis de 240 pedras, cos nomes dos voluntarios e con historias e relatos das súas vivenciaslimpando a costa Galega. O monumento inauguraráse o 12 de Novembro de 2012, coincidindo co décimo aniversario da catástrofe do Prestige.

O empresario vigués Juan Martínez, informado deste proxecto, púxose en contacto con Xavier para colaborar co proxecto destiñando unha pedra de cor noira de entre 4 e 5 toneladas de peso, que foi elexida por el mesmo(Xavier) e que se colocará na base do monumento. Nesta pedra colocaráse un texto conmemorativo en galego, castelán e inglés nunha praca de aceiro inox.

Ademáis colocaránse diferentes aros en aceiro inox, que levarán gravados mediante unha técnica láser, os nomes dos voluntarios que remitiron as pedras para éste proxecto.

A ubicación elexida para o monumentoé a Zona Recreativa das Loucenzas, ó carón do mar e da PO-552, punto de paso obrigatorio na entrada norte á Guarda pola costa.

Debido á gran lonxitude do tronco(uns 18 metros) inclúese no proxecto a ubicación tamén dun pararraios e dunha base realizada cun formigón especial.

Ademáis do Monumento en sí mesmo, Xavier Garrido realizará un libro, baixo o nome de "Homenaxe á Marea Branca (Historia do Prestige)" onde recollerá a súa vivencia e as dos centos de voluntarios que lle están remitindo pedras(do seu lugar de orixe) dende lugares tan dispares e lonxanos coma Tarragona ou Madrid. Tamén se creará unha páxina web na que se poderá saber un pouco máis sobre o proxecto e sobre a ubicación dos nomes dos diferentes voluntarios no monumento.

A título persoal, Xavier faerá un especial homenaxe ó coñecido e extravagante alemán "Man", que na Costa de Camariñas fixo o seu peculiar museo do Mar, e que faleceu semanas despois do afundimento do Prestige. Homenaxe que consistirá na colocación dunha pedra simbólica co seu nome.

Se traballaste coma voluntario na limpeza do chapapote do desastre do Prestige, tamén podes colaborar enviando a túa pequena pedra acompañada do teu nome e unha breve anotación sobre a túa vivencia coma voluntario ó seguinte enderezo:

XAVIER GARRIDO

PEDORNES 63, CP. 36309 OIA

PONTEVEDRA

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones