Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - PRESENTACIÓN LIBRO ROSALÍA, ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA- DE FRANCISCO RODRÍGUEZ

Tivo lugar o Xoves 6 de Outubro de 2011 no Centro Cultural de A Guarda

Fecha: 07 de Octubre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves, 6 de Outubro de 2011 tivo lugar no Centro Cultural da Guarda a presentación do libro "Rosalía, estranxeira na súa patria", un libro sobre a figura da máis importante escritora da nosa historia é froito de anos de investigación de Francisco Rodríguez que está considerado o maior coñecedor da obra de Rosalía.

Neste acto estivo presente o propio autor e foi presentado pola Responsábel de Muller do BNG Hortensia García.

Nesta obra Francisco Rodríguez profundiza na autora máis galega e universal que posúe a nosa literatura e descúbrenos a personalidade auténtica de Rosalía, libre dos prexuízos e estereotipos aínda dominantes. Sen dúbida é o estudo máis completo dedicado a Rosalía e clarifica moitos aspectos da personalidade e da obra rosaliana revelando aspectos sorprendentes e pouco coñecidos da autora, moitos deles tirados da análise da correspondencia do casal Rosalía-Murguía.

 

Francisco Rodríguez é Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura española. Como especialista en figuras da relevancia de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, ou Blanco Amor é autor de numerosas obras de investigación e ensaio de entre as que cabe salientar o manual "Literatura galega, problemas de método e interpretación". Coa publicación en 1976 de "Conflicto lingüístico e ideoloxía na Galiza" inaugura unha liña de análise socio-lingüística.
Foi deputado no Parlamento Galego e deputado e Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados dende o ano 1996 até o 2008.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones