Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - RUEDA DE PRENSA ALCALDE A GUARDA SOBRE PROBLEMÁTICA FERRY BOAT

Celebrouse o pasado Luns 5 de Septembro de 2011 no Embarcadoiro do Ferry Boat da Pasaxe

Fecha: 06 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Luns 5 d eSeptembro de 2011 tivo lugar unha rolda de prensa na cal o Alcalde de A Guarda expresou as novidades recollidas trala reunión cos alcaldes dos concellos por onde pasa o Camiño Portugués pola Costa.

MANIFESTO

Os alcaldes dos concellos por onde pasa o Camiño Portugués pola Costa resentes neste acto, diante da problemática que atravesa o ferri e dado que esta embarcación é o nexo indispensable entre A Guarda e Caminha para darlle continuidade ó Camiño, queremos manifestar:

  1. A imperiosa necesidade de que o ferri se manteña pola importancia que ten, non só para A Guarda e Caminha senón para todo o norte de Portugal e o sur de Galicia, dende o punto de vista económico, social, histórico e turístico.
  2. Axiña fará dous anos do recoñecemento do Camiño Portugués pola Costa. Neste tempo teñen sido moitos os homes e as mulleres que, grazas ó ferri, pasaron de Caminha á Guarda no seu camiño cara a Santiago. Sen ferri, sen conexión, o Camiño quedará mutilado. Por isto, reclamamos da Consellería de Cultura e Turismo, responsable do Xacobeo, todo o apoio e toda a axuda para manter a integridade do Camiño.
  3. Queremos asimesmo facer un chamamento a tódalas institucións do goberno central, autonómico, provincial e locais dunha e doutra beira para que, no eido das súas posibilidades, fagan canto esté anas súas mans para garantir a navegabilidade do ferri. De xeito especial apelamos á Dirección Xeral de Sostenibilidade do Mar e da Costa para que, con carácter de urxencia, adopte solucións que posibiliten que o ferri continúe a funcionar.
  4. Na Europa sen fronteiras que todos desexamos e pola que traballamos, o noso ferri é un vínculo ue non podemos perder. É máis, sería desexable que no futuro fora Europa quen asegurara a continuidade desta infraestructura.
Deste xeito os alcaldes presentes nesta reunión, celebrada o 5 de Septembro na Casa Consistorial de A Guarda, apelaron unha vez máis ás administracións con competencias neste senso para garantir o funcionamento do ferri. O Alcalde de A Guarda explicou que nos vindeiros días está previsto recibir unha contestación por escrito dende o goberno central, a través do Subdelegado do Goberno, na cal se espera que se atope a solución a curto prazo e o compromiso firme para que a navegabilidade do ferri non sexa un obstáculo para o seu correcto funcionamento. Engadiu que, posiblemente, estas medidas non se leven a cabo inmediatamente, polo que o ferri seguiría funcionando temporalmente con paradas durante a baixa mar, ata que se leven a cabo as actuacións que permitan o dragado da canle de navegación deste importante medio de comunicación transfronteirizo.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí