Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO ACOLLE A PRIMEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL DA CERVEXA ARTESANA -XARRARIBA-

O evento é unha continuación da feira da cervexa artesá que se organizou no inverno no mercado de Tomiño.

O evento é unha continuación da feira da cervexa artesá que se organizou no inverno no mercado de Tomiño.

Fecha: 30 de Julio de 2015

Fuente: Infomiño.com


Este fin de semana, estrearase en Tomiño o primeiro Festival da Cervexa Artesá que o Concello organiza xunto coa Asociación para a divulgación da cultura da cervexa artesá en Galicia (ADICCAG). O evento é unha continuación da feira da cervexa artesá que se organizou no inverno no mercado de Tomiño. Nesta ocasión, o espazo amplíase a Praza do Seixo onde se situarán os stands de cervexa e as actuacións musicais na noite. As charlas e obradoiros serán no mercado. Ademáis, serán nas recén remodeladas instalacións do mercado municipal onde se presentará a nova vinoteca que ocupará a planta superior do inmobre.

Este festival que leva o nome de "xarrarriba" ofrecerá aos asistentes unha demostración do proceso de elaboración do producto a cargo da empresa cervexeira de Tomiño "lenda".

O festival da cervexa Xarrarriba configúrase como un punto de referencia na contorna pola calidade dos produtos que ofrece así como pola variedade de actividades organizadas.

A cata de cervexa poderá facerse por libre ou ben de xeito guiado. A visita guiada supón facerse cunha papeleta coa que probarán 8 variedades diferentes de cervexa e se lles explicarán os produtos. Ademáis, con esa papeleta entrarán nun sorteo de 12 lotes de cervexa artesá.

O domingo as catas irán acompañadas de pinchos polo módico prezo de 5€. As tapas correrán a cargo dos restaurantes Nova Colina e Buraquiño que participan no Festival.

O venres ás 20h inaugurarase o festival, noite na que a cea estará amenizada polo grupo Jenni e Nico. O sábado, abriranse os stands a partires das 12h00 até o peche. Será o sábado ás 11h cando se desenvolverá a charla técnica da man de Natalia Brew. A continuación, ás 12h30 presentarase a vinoteca e a Cervexería lenda levará a cabo a demostración en vivo da elaboración de cervexa artesanal. Estes eventos serán no primeiro andar do mercado municipal. No exterior poderase degustar cervexa artesán e xa a noite nova cea musical coa actuación do cantautor Emilio Rúa.

O domingo a partires das 12h00 tocaralle o turno á cata de cervexas variadas con tostas no mercado polo prezo de 5€ (o ticket a recoller nos stands de cervexa na Praza do Seixo)

Dende ADICCAG destacaron esta mañán a importancia de "promocionar a producción de cervexa artesá e da importancia da implicación das institucións públicas".

A Alcaldesa pola súa parte, resaltou "o éxito obtido na feira da cervexa celebrada anteriormente e que nos mostrou a boa aceptación deste tipo de eventos entre o público tomiñés. Este festival é a continuación daquel evento máis reducido. Ademáis, daquel encontro xurdiu unha empresa cervexeira en Tomiño como é "Lenda" do que nos sentimos moi satisfeitos".
www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 29 Xullo 2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones