Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO ACOLLERÁ O 17 E 18 DE NOVEMBRO A I MOSTRA DE BIOMASA

Presentouse en rolda de prensa o Martes día 6 de Novembrod e 2012 na Casa Consistorial de Tomiño.

Fecha: 07 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño acollerá os vindeiros días 17 e 18 de novembro a I Mostra de Biomasa Forestal de Galicia, organizada en el marco do proxecto "Silvaplus", coa colaboración da Asociación Forestal de Galicia (AFG), Mancomunidade de Produtores de Biomasa Forestal do Sur de Galicia, (Enerxil) e outras entidades e empresas da zona.

A mostra, que se celebrará no Pavillón Polideportivo de Goián, foi presentada esta mañá en rolda de prensa no Concello de Tomiño, coa presenza de Julio Ruiz, director técnico da AFG; Jesús Rodríguez, representante de Enerxil, e a alcaldesa da vila, Sandra González. O primeiro explicou que o obxectivo principal da feria é a promoción do uso da biomasa forestal para fins enerxéticos e térmicos en Galicia e Norte de Portugal. "A intención é unir os eslabóns da cadena, desde produtores ata consumidores, pasando por empresas de enerxía, instaladoras, etc. para que se integren e se animen a utilizar este sistema de aproveitamento enerxético", precisou.

A feria terá, por unha parte, un espazo para stands e atención ao público, con representación de empresas do sector forestal, viveiros, etc., nos que haberá técnicos especializados que tentarán despexar as dudas dos posibles usuarios, sobre aspectos relacionados coa instalación e consumo. Por outra banda, organizarase unha xornada divulgativa, durante a mañá do sábado 17.

Jesús Rodríguez, de Enerxil, salientou a importancia de que desde as comunidades de montes se fomente unha explotación sostible dos mesmos, pondo en valor os inmensos recursos forestais galegos para un mellor aproveitamento enerxético baseado na biomasa, referíndose tamén aos efectos beneficiosos que tería para os montes galegos a utilización da biomasa, en especial, na limpeza e ordenación dos montes e por conseguinte, na loita contra incendios.

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, salientou as posibilidades da biomasa forestal coma un recurso xerador de riqueza, emprego e dinamización económica de caracter sostible. Ao mesmo tempo, destacou o aforro significativo que o uso deste tipo de enerxía podería significar para os particulares.
Lembrou nesta liña a existencia dunha empresa local adicada á biomasa que está funcionando ben.

Xornadas técnicas
Abrirá o ciclo de conferencias Francisco de Ana Magán, presidente da AFG, coa ponencia "O monte e a biomasa forestal" (10.45 hs). Seguidamente, a partir das 11.15 hs., Diego Fernández Suárez, enxeñeiro de Minas e experto en instalacións de biomasa térmica, falará de "Equipamentos enerxéticos alimentados con biomasa forestal". Seguidamente, José Otero abordará os proxectos para núcleos de poboación e edificacións públicas e privadas, e Alejandro Martínez que falará sobre "Arquitectura bioclimática".
Logo dunha pausa, Nicolás Vázquez, Xefe de Área de Enerxías Renovables do INEGA, dará información sobre axudas públicas para equipamentos e caldeiras de biomasa.

Proxecto Silvaplus
O proxecto Silvaplus é unha iniciativa transfronteiriza xestionada con fondos europeos, que pretende crear unha rede de cooperación entre empresas, produtores forestais, asociacións profesionais e institucións públicas e privadas, que dinamice de forma coordinada o sector da biomasa forestal para fines enerxéticos.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones