Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO ACOLLEU A PRESENTACIÓN DO LIBRO -TREBOADA GALEGA

O evento realizouse no Auditorio Municipal de Goián en Tomiño

Fecha: 05 de Noviembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Sábado día 3 de Novembro de 2012 o Auditorio de Goián acolleu a presentación do Libro Treboada Galega, da man de Xerardo F. Santomé e da Alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Tanto Xerardo coma a Alcaldesa de Tomiño, agradeceron o labor da Concelleira de Cultura, Sra. Cristina Fernández, Andrea Pousa e en especial a todolos informadores que durante o longo proceso de investigación de máis de 25 anos fixeron posible esta publicación.

O traballo define a treboada galega, a súa composición e interpretación musical, reconstruindo un anaco da historia inmaterial do país.


Para a elaboración deste traballo interviron diversos musicólogos coordinados por Xerardo F. Santomé, especialista na evolución das treboadas da comarca.

É o resultado de anos de investigación por parte da asociación Gaiteiros da Xistra, asociación non lucrativa que centra os seus traballos no Baixo Miño, Condado e norte de Portugal.


O libro vai acompañado por un dvd no que se recollen máis de 200 fotografías antigas das treboadas e varios videos sobre o as treboadas. O libro ademáis, recolle planos de contrucción da gaita de barquín, que ocupar unha parte destacada da investigación,  e de partituras de pezas descoñecidas. 


O proxecto de Treboada Galega forma parte dun programa europeo que ademáis conta co apoio do Concello de Tomiño. Segundo o coordinador do traballo, Xerardo Santomé, o volumen supón “a redefinición do que é unha treboada”. Para elo empregáronse fontes orais tanto tomiñesas como portuguesas. Editado en galego e en portugués, pretende achegar unha parte fundamental da nosa cultura inmaterial.

A gaita de barquín
Unha das principais aportacións desta obra é a recuperación da extinta gaita de barquín. Este tipo de gaita sitúase xeográficamente dentro do termo municipal de Tomiño exclusivamente. Os núcleos da súa existencia rastréxanse nas parroquias de Figueiró, Estás e Barrantes onde tivo especial presencia.

O libro realízase grazas ó Concello de Tomiño e a Dir. General de Cultura do Gob. de España, enmarcado nun proxecto europeo. Coma curiosidades destaca plano de construcción da gaita de barquín de estás, do tambor de Recaredo Bautista e do bombo de Rosendo Pintos.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones