Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO ACOLLEU O FESTIVAL SOLIDARIO POR MARTA

Celebrouse o pasado Domingo no Auditorio Municipal de Goián

Fecha: 23 de Enero de 2013

Fuente: Infomiño.com / Alberto Sobrino

Texto e fotografías de Alberto Sobrino

Emotiva tarde a do domingo no Auditorio de Goian. Marta, nena goianesa de 10 anos, entregaba as esculturas doadas por Carlos Fierro e Carlos Fernández e que, a través da venta de papeletas, conseguiron recaudar os cartos necesarios para mercar un andador especial que ela necesita para que o seu día a día sexa máis doado. 

 

Xeniales como sempre, Os Campelos, Paco e Roberto, guiaron o festival cun patio de butacas cheo a reventar de persoas que riron coas súas ocurrencias, cos seus contos e imitacións. 

 

A primeira intervención da tarde foi de Emilio Lomba Vicente, pai de Marta, agradeceu a todos aqueles que colaboraron de calquer xeito en que se puidera acadar o ansiado andador  " nada disto sería posible sen a solidaridade de cada un de vos, esta palabra máxica, SOLIDARIDADE, unha palabra que marcou un antes e un despois na comarca do Baixo Miño e arredores, e esta epidemia de bon facer que nos invadiu a todos, fixo posible acadar este soño. Moitas gracias a cada un de vos, a cada xesto, acción, intención, motivación , idea que aportastedes a este evento chamado “ Axudemos a Marta “"

 

Deron Os Campelos paso a continuación a José Pérez, xoven rosaleiro que representa a comarca do Baixo Miño no concurso Recantos do Luar e que interpretou, con gran éxito, dous cancións. 

 

Apareceu polo escenario a duquesa de Alba que había perdido o seu marido en Portugal e quixo aproveitar para felicitar a Marta polo seu andador. 

 

Entrou en escea entón Eva Carreras, acompañada á guitarra por David Regueiro. Eva é mais que unha exconcursante de Operación Triunfo: é unha artista cunha gran carreira por diante que a merece pola súa voz e pola súa solidariedade.

 

Os dous temas de Eva Carreras deron paso a primeira parte da actuación do grupo folk Zurrumalla. Os seus componentes deron encima do escenario una lección de saber facer música e de saber involucrar o público.

 

Depois da actuación dun Raphael campelizado, pasouse o momento mais importante da noite. Primeiro os presentadores pediron que subiran o escenario dous dos que prenderon a mecha da solidariedade no Baixo MIño: Carlos Fernandez e Carlos Fierro. Os escultores, tan generosos como tímidos encima do escenario, foros os encargados de recibir a Marta. Marta entrou andando, un xesto tan sinxelo que non podería facer sen este novo andador. Emoción no público asistente que recibiu a Marta cunha ovación pechada en pé, e con bágoas de ledicia en moitas caras.

Entregáronse as esculturas e a primeira sorpresa foi por parte de Ana Fernández (Nita)  que, co seu pai como representante, entregou a escultura a Marta. Os pais de Marta decidiron entón que esa ía a ser unha escultura doblemente solidaria e déronlla a Alma, unha nena viguesa cun problema mitocondrial que lle impide facer unha vida normal. Agardamos que a súa historia teña o mesmo final feliz que a de Marta. A continuación entregouse a segunda escultura a Camilo Sío.

 

Sobre o escenaria Marta recibiu varios agasallos por parte de Zurrumalla e Eva Carreras, pero o máis especial foi o texto que lle dedicou María Magdalena, a súa curmán que emocionou a tódolos asistentes. 

 

O remate da festa sería con Marta enrriba do escenario tocando as cunchas na segunda parte da actuación de Zurrumalla que sacaron a escea a seus amigos guardeses, entre eles o padriño de Marta, Rodrigo Baz, para cantar "Morena por ti" e a Riki, vigués colaborador do grupo.

 

Cando todo parecía que rematara comenzaron a soar os bombos, caixas e gaitas da treboada "Os da Fonte do Frade" que arrancaron palmas de tódolos presentes que pediron duos bises.

FOTOGRAFÍAS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones