Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO DISFRUTARÁ A PARTIRES DO VERÁN DE 2012 DUNHA ZONA DE ESPARCIMENTO NO ENTORNO DA FORTALEZA E A PRAIA DE GOIAN

Membros de diferentes institucións englobadas no Foro Fortaleza presentaron o avance das obras o 26 de Agosto en Goian

Fecha: 27 de Agosto de 2011

Fuente: Infomiño.com

O Proxecto de Recuperación Ambiental e Posta en valor do entorno da Fortaleza e Praia fluvial de Goian avanza segundo o esperado, e así o manifestaron os membros da comisión do Foro Fortaleza o 26 de Agosto en Goián-Tomiño.
 
Segundo esta comisión, encabezada polo seu presidente, Sr. Manuel Campo Vidal, na cal participan diferentes representantes das institución local, autonómica e do goberno central, no verán de 2012 estará rematada por completo a fase de obra, dando pé ó disfrute deste espazo público ó carón do Forte ou Fortaleza de San Lorenzo e a praia fluvial de Goián.
 
Esta obra, froito dun convenio de colaboración co Ministerio de Cultura, estivo financiada integramente por esta institución cun importe de 1.700.000€ na que se contemplan espazos de Cafetería, Servizos, Terrazas, Miradoiros, Auditorio ó Aire Libre, Aparcadoiros, Área infantil, entre outros.
 
Na rolda de Prensa interviron a Alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, a Secretaria Xeral de Turismo da Xunta de Galicia, Carmen Pardo, O Presidente do Foro Fortaleza, Manuel Campo Vidal, o Alcalde de Vilanova de Cerveira, Xose Manuel Baz Carpinteira, o Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao e o Subdelegado do Goberno en Galicia, Delfín Fernández.
 
A Secretaria Xeral de Turismo, Sra. Carmen Pardo sinalou na súa intervención que existen en Galicia máis de 300 enclaves de arquitectura defensiva, que significan un importante recurso económico e turístico, e que este Proxecto de Goián podería pasar a formar parte dos 10 productos cabeceira de marca dentro do programa "Galicia - Gárdasme o Segredo?" coma patrimonio oculto, se os especialistas da deste departamento da Xunta así o consideran tralafuturaanálisis deste emplazamento de singularidade transfronteiriza: "2 países, 1 destino".
 
O Subdelegado do Goberno en Galicia, Sr. Delfín Fernández engadíu que o proxecto foi financiado íntegramente polo Ministerio de Cultura do Goberno de España a través dun Convenio nos orzamentos do ano 2010, significando un recurso fantástico, turístico, mediambiental, e ciudadano para ambas marxes do río Miño.
 
O Alcalde de Vilanova de Cerveira, Sr. Xose Manuel Baz Carpinteira, agradeceu o convite para formar parte do Foro Fortaleza e visualizar a evolución destas obras na marxe española do Río Miño que abre a colaboración entre os municipios do Val do Miño favorecendo o disfrute en común de equipamentos, tanto para os Españois en Portugal, coma para os Portugueses en Galicia.
 
O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Sr. Xoan Vázquez Mao, o valorou coma un proxecto I (intelixente, innovador e ilusionante), con moitísimo percorrido e moi ligado o proxecto de eurocidade, constatandoo coma o 2º proxecto de referencia no escenario europeo despois de Chaves-Verín no enclave de Eurocidade.
 
O Presidente do Foro Fortaleza, Sr. Manuel Campo Vidal, sentíuse satisfeito polo remate da obra civil, clasificando este día coma un día moi importante e que dará pé a que no verán de 2012 todos podamos disfrutar deste enclave único. Resaltou además a idea de unidade institucional, baixo as representacións municipal, autonómica, estatal e supramunicipal da reunión mantida polo Foro.
 
FOTOGRAFÍAS
 
 
VIDEOS
 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones