Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO PON EN MARCHA UN PROGRAMA EDUCATIVO PIONEIRO PARA A MELLORA DA FORMACIÓN DA MOCIDADE

O programa -é aprender- implica ó conxunto da sociedade tomiñesa e se desenvolverá nos locais sociais das parroquias do municipio

Fecha: 06 de Marzo de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado martes día 5 de Marzo de 2013 tivo lugar no Concello de Tomiño a presentación do Programa "é aprender", posto en marcha en colaboración coa Concellería de  Educación do Concello de Tomiño, a Omix e o voluntariado de Tomiño, o IES de Tomiño, as ANPAS dos Colexios de Tomiño, Asociacións Veciñais e Comunidades de Montes. 

O programa "é aprender" está dirixido a alumnado da E.S.O. do Concello de Tomiño, dotando de espazos para a realización de tarefas escolares en locais sociais nas diferentes parroquias do municipio, nos que voluntarios da Omix de Tomiño encargaránse de xestionar estos lugares dous días á semana(de 16h a 18h e/ou de 18h a 20h).

Para Sandra González, alcaldesa de Tomiño, é preciso "xerar hábitos de estudo" facilitando espazos nas diferentes parroquias para axudar ós rapaces da ESO a estudar, realizando charlas formativas para pais e nais para previr o fracaso e abandono escolar favorecendo a mellora da formación da mocidade.

A Técnica da Omix de Tomiño, Elisabet Pérez, clarexou que estes espazos serán xestionados por voluntarios da Omix, que axudarán a estudar ós alumnos, prestando aopio, técnicas de estudo, tests e dinámicas de grupo (non son profesores particulares).

Debido a dispersión poboacional de Tomiño, habilitaránse espazos nas parroquias nas que se teña maior demanda, empregando locais sociais de Asociacións Veciñais e das Comunidades de Montes, involucrando tamén á sociedade na tarefa de formar á mocidade tomiñesa.

Neste mes de Marzo realizaránse as solicitudes para as primeiras 80 prazas, que contarán con asesoramento de gabinetes especializados coa axuda dun psicólogo para estudar cada caso en particular de Marzo   a Xuño.

Para a Concelleira de Educación, Olga Orduña "Este é un programa pioneiro que busca temén a implicación da sociedade, reflexionando sobre a importancia da educación" e terá resultados a medio e longo prazo.

Ademáis nestes intres 50 persoas de Tomiño participan nun curso de Educación Secundaria para adultos e se está tamén axudando ós interesados en realizar as probas de acceso a ciclos formativos a través do IES de Tomiño.

Os presupostos municipais para este ano adican preto de 80.000€ para Educación, que serán repartidos en obras de mellora e mantemento dos espazos educativos, en cursos de formación e outras actividades.

O IES de Tomiño ten un total de 594 alumnos, dos que 415 cursan a ESO, 97 Bacherelato e 66 Ciclos formativos.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso Daldea

 Fotografía

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones