Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO PRESENTA UNHA COMPLETA E AMBICIOSA PROGRAMACIÓN DE NADAL 2012

O tinte solidario volve a estar presente nesta edición coa recollida de xoguetes, comida e libros para os máis desfavorecidos do concello

Fecha: 05 de Diciembre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño presentou en rolda de prensa a Programación de Nadal 2012 o pasado Martes día 4 de Decembro de 2012, unha programación que novamente ten un tinte solidario coa recollida de xoguetes, comida e libros para os máis desfavorecidos do concello, grazas á colaboración e implicación das Asociacións de Veciños e distintos colectivos do municipio.
 
Para a alcaldesa de Tomiño, Sra. Sandra González, os veciños de Tomiño "destacan polo seu espíritu solidario", resaltando a iniciativa promovida polo Concello e máis de 20 Asociacións e colectivos do municipio que un ano máis colaboran na recollida de xoguetes, comida(alimentos non perecedeiros) e libros para que ningún nen@ quede sen xoguetes neste nadal, a campaña de recollida continúa activa ata o día 9 de Decembro, cando os servizos sociais serán os encargados de realizala entrega ás familias máis necesitadas.
 
A programación de Nadal 2012 do Concello de Tomiño estimula tamén o comercio local, con actividades de dinamización comercial levadas a cabo conxuntamente con Adeto, nas que se repartirán tikets entre os clientes para a realización de diferentes sorteos, así coma a instalación do alumeado de Nadal, que se encenderá o Sábado día 15 de Decembro. Tamén o día 2 de Xaneiro en Goián e o día 3 de Xaneiro na Praza da Mina realizaránse espectáculos de maxia para os máis cativos.
 
O Auditorio de Goián acollerá o 22 de Decembro unha actuación de canto coral e o 23 de Decembro terá lugar o tradicional Concerto de Nadal da Agrupación Musical de Goián. O Sábado día 15 de Decembro realizaráse a actuación da artista Uxía Senlle ás 20:30h da tarde.
 
Dentro da Programación de Nadal realizaráse, no Pavillón da Carballa, unha gran festa infantil con 3 día de duración (26, 27 e 28 de Decembro), na que os máis cativos poderán disfrutar de hinchables, unha gran variedade de obradoiros, así coma espectáculos de maxia e un sorteo de 3 bicicletas.
 
Destaca tamén a proxección do filme galego "O Apóstolo" en primicia para a comarca do Baixo Miño e que se poderá disfrutar en dúas funcións, a primeira delas o Sábado 29 ás 20:00h e a segunda o Domingo 30 ás 18:00h no Auditorio de Goián.
 
O Venres 4 de Xaneiro realizaráse un obradoiro de teatro no Auditorio de Goián e o Sábado día 5 de Xaneiro terá lugar a Gran Cabalgata de Reis, que partirá dende o Campo do Alivio sobre ás 16:30h ata chegar á Praza do Seixo, onde as súas Maxestades de Oriente recibirán @s nen@s.
 
Dende o luns 3 de decembro ábríuse o prazo de inscrición para os obradoiros gratuitos de nadal para nen@s de 3 a 12 anos, organizados pola Omix do concello de tomiño. Serán os días 17, 19 e 21 de decembro (nen@s de 3-6 anos de 16.30h a 18.30h e nen@s de 7-12 anos de 18.30 a 20.30h) e os días 28 e 29 de decembro (nen@s de 3-6 anos de 10.30 a 12.30h e nen@s de 7-12 anos de 12.30h a 14.30h). Para realizar a inscrición pódese pasar pola omix (campo da feira s/n), chamar ao teléfono 986623304 ou enviar un correo electrónico a voluntariado2europeo@gmail.com e dar os seguintes datos: nome e apelidos do neno ou nena, data de nacemento, número de teléfono e localidade de empadronamento.

 
FOTOGRAFÍAS
 
 
VIDEO
 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones