Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TOMIÑO RECUPERA A ESENCIA DA TREBOADA GALEGA EN FORMATO LIBRO + DVD

Se incluyen más de 200 fotografías, partituras y planos de instrumentos tradicionales

Fecha: 31 de Octubre de 2012

Fuente: Infomiño.com

O Concello de Tomiño ven de presentar en rolda de prensa o Libro da Treboada Galega, unha ampla recopilación de información sobre a historia da Treboada Galega, as súas xentes, instrumentos e pezas musicais orixinais das que se incluen ademáis partituras.

O libro Treboada Galega realízase a través da Asociación Folcklórica  Gaiteiros da Xistra, contando co apoio da Comunidade Europea e o Concello de Tomiño, cunha tirada inicial de 1.000 unidades que se repartirán entre as máis de 20 Treboadas do Baixo Miño, así coma nas bibliotecas e os particulares que o desexen, colaborando co proxecto.

Para a alcaldesa de Tomiño, Sra. Sandra González, as treboadas son "unha das expresións musicais máis ricas" e con este traballo de estudo sobre as mesmas establécese "unha posta en valor do patrimonio inmaterial" galego.

O libro, que se divide en varias partes, contempla unha parte gráfica, con máis de 200 fotografías acompañadas de textos breves; unha parte de análise en texto sobre a evolución na zona das treboadas e dúas partes fundamentais para os musicólogos, partituras de diferentes pezas tocadas ó longo dos anos polas Treboadas e planos de construcción a escala de diferentes instrumentos, entre os que se atopa a recuperada "Gaita de Barquín".

O vindeiro Sábado día 3 de Novembro de 2012, o Auditorio Municipal de Goián acollerá a gran festa da Treboada, no que actuarán ata 20 músicos de 4 treboadas distintas e onde se poderá apreciar e escoitar algúns dos instrumentos que foron recuperados coma a "gaita de barquín", nun repertorio tradicional, con melodías moi antigas, bombos de grandes dimensións... a "esencia das treboadas".

O acto comezará ás 20:30h da tarde no Auditorio de Goián.

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones