Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TUI ACOLLERÁ ESTE VENRES UNHA DOBRE SESIÓN DA OBRA -DÍAS SEN GLORIA- NA QUE ACTÚA MANUEL MANQUIÑA

Pola mañá celebraráse unha función escolar e pola tarde unha función para público en xeral

Fecha: 10 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Mércores día 8 de Maio tivo lugar no hall do Teatro Municipal da Área Panorámica de Tui a presentación da obra de Roberto Vidal Bolaño "Días sen gloria" coa dirección escénica de Fefa Noia e producción do Centro Dramático Galego.

Nesta presentación estiveron presentes a Concelleira de Cultura, Sra. Vanesa Rodríguez, o Director do Centro Dramático Galego, Sr. Manuel Guede, o Alcalde de Tui, Sr. Moisés Rodríguez e o actor Manuel Manquiña.

Trátase do 5º espectáculo da programación da Axenda Cultural do Concello de Tui 2013 que conta coa colaboración do Centro Dramático Galego. O teatro municipal da área panorámica de Tui ten acadado nesta programación unha media de 290 espectadores por función, o que para a Concelleira de Cultura confirma a aposta cultural do municipio e a complicidade dos ciudadanos tudenses coa programación cultural.

Para o director do Centro Dramático Galego é un placer poder contar con esta representación teatral na vila tudense, favorecendo a condición de vila fronteiriza co mesmo carácter desta obra que se representará en dobre sesión o Venres 10 de Maio contando cunha proposta escénica de alta calidade cun reparto extraordinario encabezado polo actor Manuel Manquiña na súa faceta dramática.

Esta é a primeira vez que o Centro Dramático Galego adica toda unha tempada a un autor en particular como é Roberto Vidal Bolaño, homenaxeado nas Letras Galegas 2013.

Para o actor Manuel Manquiña, dende que lle propuxeron a representación desta obra, a aceptou con gran respeito hacia a figura e obra do seu autor, considerando coma un dos seus mellores papeis, con certa complexidade, e convencido de que o público tudense quedará moi satisfeitocoa mesma.

O alcalde de Tui amosou a súa satisfacción coa visita desta obra á cidade de Tui, destacando o compromiso do Centro Dramático Galego, ofertando obras de gran calidade e da nosa terra. Tamén despertou o interese do rexedor tudense poder ver a Manquiña noutro rol diferente ó que estamos acostumados a velo, convencido de que o fiel público do teatro municipal agradecerá esta posta en escea.

Entre o elenco de actores desta representación teatral atópanse Borja Fernández, Manuel Manquiña, Felisa Segade, Eva Souto e Sergio Zearreta.

Días sen gloria ten a súa base noutra producción bolañesa titulada "Xubileu", estreada en 1982 pola compañía Troula baixo a dirección de Antonio Simón. O texto foi levemente modificado para presentalo en 1992 ao Premio Rafael Dieste, que acabou por recibir.

A historia desta obra está disposta de xeito fragmentario, en 37 cadros ou escenas breves, que transcorre nun lapso de tempo de 30 días polo Camiño de Santiago. Conta a viaxe dun home e unha muller, personaxes sen nome, peregrinos a Compostela por razóns moi distintas, nun mundo de prostitutas, cabaleiros, soldados, esmoleiros, falsos predicadores, santos e demonios...

Días sen gloria retoma o vello mito do amor e da morte, nun camiño de violencia e sexo, no que, por encima de todo, triunfa a solidariedade, a amizade e o amor.

O Venres 10 de Maio realizaráse unha sesión escolar na que participarán arredor de  320 alumnos de Tui e Tomiño e ás 21:30h da noite realizaráse unha sesión que ten un custe de 5€ e 7€.

CDG con “Días sen gloria”

Data:  Venres, 10 de maio, ás 21.30h

Lugar: Teatro Municipal

Entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 20h n o despacho de billetes ao prezo de 7€ e 5€.

 

FOTOGRAFÍAS

 (Fai clic na imaxe para acceder á galería)

 

Fotografía

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones