Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - TUI ACOLLEU A OBRA DE TEATRO -CITIZEN I- O PASADO VENRES

O pasado Venres o grupo de teatro Chévere presentou no Teatro Municipal de Tui -Citizen I (Maioría silenciosa)-

Fecha: 06 de Febrero de 2012

Fuente: Infomiño.com

Foto: Sara Carrera
 
O pasado venres día 3 de Febreiro de 2012 o grupo de teatro Chévere presentou no Teatro Municipal de Tui “Citizen I (Maioría silenciosa). Con esta representación tiña comezo a programación cultural do primeiro semestre do ano neste espazo escénico de Tui.

“Citizen 1” é a primeira parte dun proxecto de investigación teatral no que a compañía santiaguesa pon en práctica novos procesos de traballo e produción, combinando unha aposta la investigación teatral coa necesidade de obter uns resultados cara ao público.  O proxecto está formado por tres partes, sendo cada unha consecuencia e continuación da anterior, e ao final a súa suma conforma un novo espectáculo.

Esta primeira parte está baseada no clásico de Orson Welles “Ciudadano Kane”, e conta a historia dun empresario galego do téxtil que se converte nunha das persoas máis ricas do mundo. Deste xeito “Citizen 1” nos sitúa no momento iniciático de toda gran aventura. Pero tamén, ao longo dos 75 minutos que dura, nos achega á historia da transición española.  A obra está dirixida por Xesús Ron e interpretada por Patricia Lorenzo e Manuel Cortés.

Chévere tense convertido nos seus vinte e cinco anos de existencia, nunha das compañías galegas máis dinámicas e populares, sempre co humor como filosofía e a risa como expresión. Dende 1992 xestiona e dirixe a Nave de Servizos Artísticos-NASA en Santiago de Compostela.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí