Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - TUI INICIOU AS FESTAS DE SAN TELMO 2016 CO PREGÓN DO PRESIDENTE DA CÁMARA MUNICIPAL DE VALENÇA DO MINHO

Jorge Salgueiro destacou que tudenses e valencianos teñen moito que gañar co reforzamento do papel da Eurocidade, ao que tempo que fixo un chamamento a traballar en conxunto e a continuar camiño

Jorge Salgueiro destacou que tudenses e valencianos teñen moito que gañar co reforzamento do papel da Eurocidade, ao que tempo que fixo un chamamento a traballar en conxunto e a continuar camiño

Fecha: 28 de Marzo de 2016

Fuente: Infomiño.com

A vantaxes culturais, deportivas, sociais e económicas da Eurocidade Tui-Valença son moitas, así o afirmou o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, na lectura do pregón das Festas de San Telmo 2016. Destacou que tudenses e valencianos teñen moito que gañar co reforzamento do papel da Eurocidade, ao que tempo que fixo un chamamento a traballar en conxunto e a continuar camiño. Apostou por traballar con esforzo e determinación evocando palabras tanto de Antonio Machado coma de Fernando Pessoa.

Jorge Salgueiro afirmou coma pregoeiro que Tui pode esperar da Cámara de Valença todo o empeño e dedicación para que a Eurocidade "se torne nun exemplo para os nosos países e para toda Europa". Destacou que "queremos que a Eurocidade sexa un ben precioso para valencianos e tudenses".

Tivo tamén no seu pregón palabras para a historia compartida das dúas cidades cunha orixe común, ás que as augas do río Miño convidaban á confraternización,.

Jorge Salgueiro Mendes foi crítico no seu pregón cunha Europa que levanta muros e barreiras, e indicaba que se San Telmo vivise nestes tempos pregaría a favor dos refuxiados, e afirmou que "unha Europa deshumanizada deixa de ser Europa".

Pola súa parte o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, na súa intervención no acto de apertura das festa celebrado no Teatro Municipal, explicou que no deseño deste acto tiveron en conta tres elementos. O carácter simbólico representado na bandeira da cidade que foi presentada, símbolo de identidade dun pobo, dicía. A memoria, presente nas fotografías antigas que forman parte do libro das festas, da exposición inaugurada e dun vídeo proxectado durante o acto, anunciando que é un dos grandes retos do seu goberno é a creación do Arquivo Municipal da Imaxe. O terceiro elemento é a vella Ponte Internacional que onte cumpriu 130 anos e que no seu día permitiu superar barreiras e unir dous pobos. Nese senso apuntaba ás relacións da Eurocidade Tui-Valença e ao recoñecemento cara o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, pregoeiro este ano, polo seu empeño e o seu labor para que "Valença e Tui camiñen xuntos e sexamos Eurocidade"

Neste evento foi presentada a bandeira de Tui que recibiu a aprobación unánime da corporación en pleno o pasado mércores. A concelleira de Cultura, María José González, deu lectura a un texto sobre a bandeira escrito polo cronista Oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, no que se sinala que non se coñece a data concreta da súa orixe pero hai referencia as súas cores azul e branco nun escrito do Concello dirixido ao Cabildo da Catedral do ano 1863. A bandeira foi portada ata o escenario por tres membros da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui, mentres Arume de Malvas interpretou o himno do Antigo Reino de Galicia.

Abriu o acto o dúo de óboe e guitarra formado por Raquel Alves e Sergio Alonso, e pechouno a Banda de Gaitas Arume de Malvas coa interpretación do himno galego.

A continuación as autoridades procederon á inauguración da exposición "Fotografía antiga de Tui San Telmo 2016" que reúne 50 fotografías tomadas con anterioridade a 1930, algunhas delas inéditas ata o de agora. A meirande parte destas fotografías ilustran o libro das festas deste ano que cambia para converterse nunha publicación que pon en valor o patrimonio tudense, neste caso o fotográfico. O libro pode obterse a partir do martes na casa do concello a cambio dun quilo de alimentos.

VER PROGRAMA FESTAS DE SAN TELMO 2016 AQUÍ

www.infomiño.com Fotógrafo:

Sara Carrera Coímbra

Jacinto Domínguez Rodríguez

 
  Fecha: 26 Marzo 2016

 

 
www.infomiño.com © 2016. Todos los derechos reservados. Cámara:

Canon IXUS 180

 

Haz clic en la imagen para ver la galería de fotos

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones