Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - UN TOTAL DE 30 EXPOSITORES PARTICIPARON EN LA DÉCIMA MOSTRA DE CULTIVOS DO BAIXO MIÑO

A feira, que o ano pasado contou con 15.000 visitantes, foi inaugurada no mediodía do Sábado coa presenza de 30 expositores de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares, distribuidos nunha superficie de 1500 metros cadrados.

Fecha: 22 de Abril de 2013

Fuente: Infomiño.com

A décima edición da Mostra de Cultivos do Baixo Miño celebrouse a pasada fin de semana no Pavillón Municipal de Goián en Tomiño, contando cunha gran afluencia de público que participaron además nas diferentes actividades realizadas pola organización.

A feira, que o ano pasado contou con 15.000 visitantes, foi inaugurada no mediodía do Sábado coa presenza de 30 expositores de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares, distribuidos nunha superficie de 1500 metros cadrados.

José Cosmed, presidente de ACUBAM (Asociación Cultivos Baixo Miño), entidade organizadora da actividade coa colaboración do Concello de Tomiño, abriu a quenda de intervencións para agradecer o traballo da actual xunta directiva e tamén das anteriores, que fixeron posible o nacemento e consolidación da mostra de cultivos, única no seu tipo que queda en Galicia.

Asímesmo, Cosmed salientou a importancia da cooperación entre empresarios, especialmente en momentos económicos coma o actual. Fixo fincapé tamén na necesidade de conseguir unha maior profesionalización do sector e de formar aos más pequenos para que respecten e valoren a súa terra.

Na oportunidade estiveron presentes tamén a alcaldesa de Tomiño, Sandra González e outros membros do equipo de goberno, así coma o alcalde do Rosal e concelleiros de A Guarda.

A alcaldesa de Tomiño reiterou "o apoio incondicional" do Concello, e salientou o traballo dos produtores, lembrando a Juan Peixoto, de Viveros Nilo, que foi o que comezou hai dez anos coa organización da mostra.

A rexedora resaltou a importancia de asociarse nun momento de crise económica coma o actual, e adaptarse aos novos desafíos comerciais e tecnolóxicos; tarefa que o sector do viveirismo está realizando con éxito no Baixo Miño.

A Trintena de stands presentas nesta décima edición atópanse empresas de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares.

Hai sitio tamén para firmas de investigación e desenvolvemento, coma a do Plan Idga, en plantas arbustivas, de temporada e novas variedades.

Entre os exemplares vexetais novidosos, pode atoparse un olivo centenario en forma de bonsai e unha trepadora procedente do Tibet, con baias enerxéticas (en Coplant).

Viveiros da Barxa expón varias palmeiras de orixe africano que poden soportar fríos ata de -23 grados centígrados e que se producen no Baixo Miño para exportarse case na súa totalidade a países de Centroeuropa.

Suministros, instalacións, cultivos hidropónicos, maquinaria e xardinería, son outros dos puntos fortes desta mostra tomiñesa.

Outras atraccións de interese son as demostracións en vivo sobre modelado de madeira con moto serra; un xardín de deseño no exterior do pavillón e un obradoiro de "Contos Solidarios" a cargo de Anxo Moure, que fixo as delicias dos máis cativos.

Ademais, houbo unha exposición de bonsais no auditorio a cargo de Javier Álvarez.

Colaboraron coa mostra de cultivos ademais do Concello, Mediolanum, La Caixa e Asociación Forestal de Galicia. Proxecto Silvaplus.

Máis información en www.mostradecultivos.eu
 
FOTOGRAFÍAS
Haz clic en la foto para acceder a la galería 
A feira, que o ano pasado contou con 15.000 visitantes, foi inaugurada no mediodía do Sábado coa presenza de 30 expositores de planta ornamental, flor cortada, horta, xardinería e empresas auxiliares, distribuidos nunha superficie de 1500 metros cadrados.  
 
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones