Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - V TRIATLÓ DA AMIZADE TOMIÑO-VILANOVA DE CERVEIRA 2011

A única proba transfronteiriza do mundo de triatló celebrouse o Domingo 25 de Setembro

Fecha: 26 de Septiembre de 2011

Fuente: Infomiño.com

A única proba transfronteiriza do mundo de triatló celebrouse o Domingo 25 de Setembro entre as vilas de Tomiño e Vilanova de Cerveira, nesta V edición contouse coa participación dun total de 193 deportistas, a máis ampla participación nesta proba dende os seus inicios.

A proba comezaba pola mañá coas categorías inferiores para os máis cativos e continuaba ás 16:30h da tarde coa categoría de adultos dando a saída coa proba de natación dende a praia fluvial de Goián en Tomiño e posterior chegada ó Cais de Vilanova de Cerveira.

Grazas a corrente do Río Miño os deportistas chegaron rápidamente a Vilanova de Cerveira onde recolleron as súas bicicletas para participar na segunda etapa desta proba co tramo de bicicleta btt por territorio portugués pasando polo Casco urbán de Cerveira e pola Fortaleza de Lovelhe, atravesando a Ponte da Amizade e chegando a Goián novamente.

Unha vez de volta en Goián, e despois dos máis de 7 kilómetros de percorrido en bicicleta, os deportistas deixaban as súas bicicletas para participar nos máis de 3 kilómetros de percorrido a pé ó redor do conxunto amurallado de San Lorenzo.

Nesta V Edición na categoría masculina o primeiro posto foi para Brais Canosa, o segundo para o ex-deportista do Xacobeo Galicia Gustavo Rodríguez e o terceiro posto para o rosaleiro Óscar Vicente.

Na categoría femenina o primeiro posto foi para a lucense Aída Baliño, o segundo posto para a portuguesa Filipa Fernández e o terceiro posto para Marta Barbeito.

Na entrega de premios e medallas estiveron presentes representantes do Concello de Tomiño, encabezados pola súa alcaldesa Sra. Sandra González Álvarez, representantes da Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira, encabezados polo seu Presidente, Sr. José Carpinteira, así coma representantes da Federación Portuguesa de Triatló e a Federación Galega de Triatló.

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones