Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VILANOVA DE CERVEIRA ACOLLE A FESTA DA HISTORIA ATA ESTE DOMINGO

Na xornada do Xoves tivo comezo a edición 2014 con moi boa acollida de público

Durante catro días, a edición 2014 da Festa da Historia de Cerveira remítenos novamente á Idade Media, baixo o tema Terra de Fronteira

Fecha: 22 de Agosto de 2014

Fuente: Infomiño.com

O pasado Xoves día 21 de Agosto de 2014 Vilanova de Cerveira acolleu a xornada inaugural da Festa da Historia que neste ano 2014 versa os tempos en que a Fronteira do Miño, máis que unha liña imaxinaria de división entre terras de Galicia e Portugal, era unha realidade palpable.

Evento transcorre entre os días 21 e 24 de agosto, cun programa cheo de actividades medievais para todalas idades.

Durante catro días, a edición 2014 da Festa da Historia de Cerveira remítenos novamente á Idade Media, baixo o tema 'Terra de Fronteira'. A decoración, a gastronomía, a artesanía e os diversos espectáculos (falcoaria, malabares e acrobatas, teatro de rúa, danzas medievais, cortexo medieval e espectáculo de lume), nunha perfecta simbiose co patrimonio arquitectónico cerveirense, transportan ós visitantes para un salutar convívio con moita cor, cheiros e animación, tan caraterísticos daquela época.


'Terra de Fronteira' pretende recrear as repercusións da existencia de fronteira no cotián das xentes que habitaban por estas paraxes, ben na cíclica tensión bélica, nas relacións de veciñanza, nos intercambios. Vivencias de fronteira, espazo que dividía e opuña as xentes, pero que tamén as unía a través dun río onde se atopaban como irmáns pescando, cambiando bens, hábitos e a propia lingua, moitas das veces contra a propia vontade real e ás agachadas dos alcaldes e dos gardas, é dicir, relembrar tempos en que se forxaba a identidade cultural cerveirense.


A forte adhesión de expositores, artesáns, do comercio tradicional local, motivou unha ampliación da iniciativa nun día máis, pasando de tres a catro. Unha medida que ten como obxectivo rendibilizar a participación das asociacións, así como proporcionar un día de actividade aos comerciantes locais. De salientar, que esta ampliación non carrexa ningún aumento de custos para o municipio.


O executivo móstrase satisfeito coa consolidación desta recreación histórica que transforma a Vila nun burgo da Idade Media. Ano tras ano, hai máis xente a deambular polo castelo da vila e polas rúas do centro histórico, asisten a un auténtico mercado medieval que se enche cos máis variados artífices, co traballo en directo e as típicas barraquinhas de viandas gastronómicas.

Galería Fotográfica de Infomiño NoticiasFotos de Jorge Alonso Daldea

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones