Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VILANOVA DE CERVEIRA INAUGURA ECOPISTA CON UNHA ANDAINA

Máis dun centenar de persoas participaron nesta andaina inaugural

Fecha: 03 de Junio de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Sábado día 1 de Xuño de 2013 tiña lugar na Praia da lenta, no municipio de Vilanova de Cerveira - Portugal, a inauguración da Ecopista - Caminho do Río, cunha distancia total de 6km.

Dende a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira  agasallouse ós participantes cunhas camisolas co lema de "Cerveira Saudável", unha botella de auga e un díptico informativo sobre a Ecopista no momento de realizar a inscripción nesta primeira andaina(de xeito gratuito).

Para o presidente da Cámara municipal de Vilanova de Cerveira, Sr. José Manuel Vaz Carpinteira, esta nova Ecopista contribuirá ó mantemento dun estilo de vida saudavel para os habitantes deste municipio, cunha senda que percorre un total de 6 km pola ribeira do Río Minho, dende a Praia da Lenta en Lovelhe ata a praia da Mota, en Gondarém.

No acto de inauguración contouse coa presenza de deportistas portugueses de élite e tamén estivo presente a Alcaldesa do veciño concello de Tomiño, Sra. Sandra González. Os deportistas Rosa Moto, Aurora Cunha, Helton Arruda, Isac Vicente Landin e Frank Casanãs foron algunhas das personalidades que aceptaron a invitación do concello de Cerveira para participar neste acto inaugural.

No primeiro tramo desta andaina, os participantes transcorreron dende a Praia da lenta, pasando por debaixo da Ponte Internacional  da Amizade, ata o Parque de lecer Castelinho, onde o clube Citius fixo unha demostración de danza.

A obra permitiu realizar unha importante posta en valor da marxe de ribeira do río Miño, á vez que creou unha centralidade no ámbito do deporte e do turismo.

A Ecopista ten un percorrido dividido en dous tramos, sendo un deles de carácter central, con características urbanas, que corresponde á zona onde a Ecopista crúzase co tecido urbano da Vila, en particular, o Parque do Castelinho, que lle permite relacionarse con os equipos xa existentes, como o propio Aquamuseu do Río Miño e os espazos lúdicos, en particular o parque infantil eo bar, entre outros.

O segundo tramo ten características rurais, e vai do Castelinho á Praia da Moto, destacándose entre a vexetación que acompaña o río, as actividades agrícolas e a pesca.

FOTOGRAFÍAS

Fai clic na imaxe para acceder á galería completa

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones