Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VISITA Á ADEGA QUINTA DE LA ERRE NAS EIRAS - O ROSAL

A visita celebrouse o pasado Sábado 5 de Outubro de 2013

Fecha: 07 de Octubre de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado sábado 5 de Outubro, en plena colleita da uva desta tempada 2013, facíamos unha visita a xove Adega "Quinta de la Erre". Unha iniciativa empresarial comandada pola parella composta por José Santiago Rodríguez e Eva Rubal; o primeiro xa con experiencia no sector viticultor, o que lle ofrece unha formación que se combina perfectamente có seu espíritu emprendendor.

Esta visita estivo organizada polo grupo de comunicación La alacena roja, a Adega Quinta de la Erre e a Casa de Turismo Rural Abadía das Eiras. Na mesma participaron diversos "blogueros" ligados ó mundo vitivinícola e gastronómico de Galicia, así coma medios de comunicación. O inicio da actividade foi ás portas da Abadía das Eiras, ó carón da Igrexa das Eiras no Rosal. Dende alí un grupo dunhas 15 persoas partiron cara ó alto da Magdalena, onde está situada unha pequena capela, para seguir por sendeiros de monte ata os viñedos da adega, onde se visitaron as instalacións exteriores e interiores da mesma.

Quinta de la Erre, é un viño branco que emerxe do xugo das uvas prantadas nas 12 hectáreas da finca sita nas Eiras-O Rosal, cunha producción pequena, pero rigurosamente coidada cá pretensión de ser un viño de calidade e diferente. Non atenden a grandes produccións, polo que non precisan da compra de uva. Traballan nunha filosofía na que prima a diferenciación fronte á venta en masa.

A sua primeira vendima iniciábase no ano 2011, e non sacaban a súa producción á venta ata xuño do 2012. Apostan por un proceso lento e agarimoso do seu producto, tentando buscar, a "tipicidade", a base de controlar toda a uva que entra na sua bodega, entendendo que isto só pode conseguirse centrándose na súa finca na que se acada un cultivo da metade do rendemento que a propia Denominación de Orixe Rias Baixas lle concede.

Con 2 persoas contratadas durante todo o ano para facer as labores dentro da bodega e na propia finca, e con persoal temporal para a tempada da vendimia, Quinta de la Erre, este ano 2013, ó igual que moitas outras adegas do noso entorno, tiveron que verse fronte a fronte cá meteoroloxía, tendo que parar a producción en plena vendima polas choivas destes últimos días, posto que non poden recoller a uva mollada.

Ó contrario que outras adegas, non utilizan o bagazo para a producción de licores, senón que éste ten un segundo uso como abono da propia finca, pero usan un 1% da sua producción de cara a experimientación. Na nosa visita puidemos degustar un deses productos en xestación grazas a sua inversión en I+D, un requisito indispensable de cara a diferenciación nun mercado moi amplo e fortemente competitivo.

No remate da visita á Adega e os seus viñedos, fíxose un percorrido polas instalacións da Abadía das Eiras, un establecemento hostaleiro rural ubicado a escasos metros da Adega.

FOTOGRAFÍAS

Fotos de Jorge Alonso e Belén Domínguez

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones