Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

ESPECIAL - VISITA AS SOBREIRAS DO FARO EN VILADESUSO-OIA

Unha visita polo 1º Espazo Privado de Interese Natural de Galicia

Fecha: 29 de Agosto de 2011

Fuente: Infomiño.com

A pasada fín de semana visitamos en Viladesuso-Oia o primeiro Espazo Privado de Interese Natural de Galicia, "As Sobreiras do Faro", mantido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso.

Unha ruta por sendeiros delimitados nos montes de Oia na que puidemos apreciar este emblemático lugar, rodeado de natureza ó carón do Río Broi, onde ademáis puidemos presenciar os restos das antigas colmeas de abellas que se localizaban neste sobreiral.

Sobreiras do faro

A necesidade dos homes, coa complicidade da natureza, deu en abrollar o bosque mediterráneo máis occidental de Europa. Abrigado dos ventos de nacente e poñente, temperado polo fluír do río de Broi, baixo as pólas das súas sobreiras os antergos protexían colmeas, fonte de doces meles e alicerce da antiga economía autárquica familiar. Hoxe, este remoto lugar de xuntanza de labregos e pastoras mudou no primeiro Espazo Privado de Interese Natural de Galicia, orgullo dos fregueses de Viladesuso e abraio de visitantes.

Río broi

O río de Broi é pequeno pero vigoroso, os seus escasos dous kilómetros de lonxitude abasteceron ós homes e mulleres de Viladesuso dende fai séculos. Daba forza e movemento a tres muíños fariñeiros e unha serra que se atopaban nas súas marxes ata fai ben pouco, mentres que unha ponte medieval, parte do patrimonio da parroquia, cruzaba o seu curso. As súas augas, áxiles e cristalinas, acollen ó longo do ano a diversas especies animais e vexetais, entre as que se contaban troitas e anguías.

Mapa do lugar

 Para ampliar información visite www.sobreirasdofaro.com

 

FOTOGRAFÍAS

 

 

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí