Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL - VISITA Ó MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE OIA

Unha visita organizada por ACAMO Asoc. Cult. Amigos do Mosteiro de Oia

Fecha: 06 de Junio de 2011

Fuente: Infomiño.com

O pasado Sábado 4 e Domingo 5 de Xuño o Mosteiro de Santa María de Oia acolleu unha serie de visitas guiadas de carácter gratuíto que estiveron organizadas por ACAMO (Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia).

Ó longo do fín de semana foron numerosos os visitantes que aproveitaron esta ocasión para visitar este Mosteiro no 80º Aniversario da súa declaración coma monumento histórico-artístico (3 de Xuño de 1931).

Baixo as explicacións de F. J. Costas Goberna, fumos visitando as diferentes instalacións do Mosteiro, algunhas das cales se atopan pechadas ó público polo seu deteriorado estado e o perigo que supón para os visitantes.

A construcción do Mosteiro de Oia rematouse sobre o 1231, segundo se dí, baixo a dirección do monxe francés "Bernardo", ó cal se lle chamaba maestro ou arquitecto na historia manuscrita.

A influencia francesa deixase notar con grandes semajanzas coa Igrexa Francesa de Fontenay, como por exemplo na distribución dos espazos.

Ó longo dos séculos XVI e XVII levaronse a cabo diferentes obras no conxunto arquitectónico do Mosteiro coma por exemplo a ampliación da Biblioteca(1655), unha adega(1671) ou a muralla da praia(1653).

Xa no século XVIII modificouse por completo o conxunto, actuando sobre a fachada, construída nun barroco clasicista, a creación da torre e das dúas naves de estilo clásico do patio de naranxos.

No século XIX as desamortizacións provocaron a separacións de diferentes dependencias coma as monacais e a Igrexa, que pasou a ser parroquial en 1838.

No século XX, entre o 1910 e o 1931, os Xesuítas reconstruíron as cubertas engadindo ademáis unha capela.

Durante a Guerra Civil o Mosteiro foi empregado como cárcel, chegando a albergar ata 1000 presos.

Dende o 2004 é propiedade de Vasco Gallega de Consignaciones.

FOTOGRAFÍAS

VIDEOS

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones