Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

ESPECIAL - XX FEIRA DO VIÑO DO ROSAL 2012

Tivo lugar durante a pasada fin de semana no Concello do Rosal

Fecha: 17 de Julio de 2012

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 13 de Xullo de 2012, tiña lugar na Praza do Calvario do Rosal a inauguración e leitura do pregón da XX Feira do Viño do Rosal na que asistíu o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Unversitaria, Xesús Vázquez Abad, o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, a Directora Xerald e Comercio, María Nava Castro, o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Laza, o Alcalde de O Rosal, Jesús María Fdez. Portela, así coma diferentes representantes da corporación local, de concellos dos arredores e representantes de asociacións e organismos públicos.

A XX Feira do Viño reuníu na Praza do Calvario a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas que están a crecer, cun dobre obxectivo de promoción empresarial e turística.

O pregón correu a cargo do especialista en Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela, Javier Castro Pérez, intervindo ademáis o vicepresidente da Cámara de Comercio de Tui, José María Fonseca; e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

Tralo remate do acto inaugural, as autoridades, encabezadas polo Alcalde do Rosal e o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, atenderon a un numeroso grupo de afectados polas participacións preferentes e productos tóxicos, en busca dunha solución á súa problemática.

O viño, peza fundamental para a cultura e a economía do Rosal
A feira está composta por adegas que pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas e, en concreto, á subzona do Rosal, que abrangue o Baixo Miño e onde o viño, como afirmou o conselleiro, "é unha parte fundamental da súa vida, da súa cultura e da súa economía". Concretamente, Vázquez Abad recoñeceu no seu discurso o "gran traballo tanto dos profesionais da hostalaría, como das persoas que dedican a súa vida ao coidado da uva e dos viñedos".

A Praza do Calvario acolleu así 15 stands, dos que 13 son adegas e outros 2 estiveron destinados a productos vexetais e ao Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, respectivamente. Houbo carpas con produtos gastronómicos propios da zona como polbo, carne ao caldeiro, empanadas ou postres caseiros, todo isto acompañado por diversas opcións musicais en forma de charangas e murgas que amenizaron a feira ó longo da fin de semana.

Coma é costume levaronse a cabo toda unha serie de exposicións artísticas e filatélicas, así como sesións de coñecemento técnico do viño.

Normativización do escudo e a bandeira
Nesta XX Feira do Viño preséntouse o novo escudo e a bandeira oficiais do Concello do Rosal. No caso do escudo, contén os símbolos da popular actividade vinícola da zona: un acio de uvas e dúas follas de vide. O conselleiro aproveitou a súa intervención para "felicitar á actual corporación municipal e ao propio alcalde polo excelente traballo realizado na normativización da bandeira e do escudo do concello". Neste sentido, afirmou que "o novo escudo, ademais de adaptado ás actuais normas heráldicas, non me pode parecer máis axeitado e propicio polos faustos motivos que, como vemos, se introducen nel".

A Festa do Viño do Rosal supón unha cita fundamental para a promoción empresarial e turística non só para o pobo do Rosal senón para toda a zona do Baixo Miño. Constitúe unha peza clave da súa vida, da súa cultura e da súa economía. Como manifestou o conselleiro: "O viño, como realidade e símbolo, está presente na vida, no negocio, e na tradición cultural e literaria de meirande parte das civilizacións. E evidentemente, en Galicia e, dun xeito máis concreto, no Rosal, esta realidade histórica non é unha excepción"

FOTOGRAFÍAS

 

VIDEOS

 

 

 

 

 

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí