Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL FESTIVAL VÍA STELLAE NO CENTRO CULTURAL DE A GUARDA

A música de cámara é a protagonista no concerto do trío formado por Jorge Rentería, Beatriz López e Javier Gutiérrez no Centro Cultural da Guarda

Fecha: 23 de Julio de 2010

Fuente: www.aguarda.es

O Festival Via Stellae na Guarda
 
A música de cámara é a protagonista no concerto do trío formado por Jorge Rentería, Beatriz López e Javier Gutiérrez no Centro Cultural da Guarda.

O Centro Cultural da Guarda acolleu o xoves 22 de xullo no marco do Festival Via Stellae, que organiza a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, un concerto do trío de tompa, clarinete e piano formado por Jorge Rentería, Beatriz López e Javier Gutierrez. O concerto, que comezou ás 22:00, contou coa colaboración do Concello da Guarda e estivo enmarcado nas actividades organizadas polo Via Stellae no Camiño Portugués pola Costa, unha ruta que inclúe por primeira vez na súa programación e que ofrece concertos en Vigo, Baiona e A Guarda.

“Fantasía para clarinete, trompa e piano” é o título deste concerto no que se xunta un infrecuente tipo de agrupación de cámara moi suxestivo pola ampla gama de cores instrumentais que achegan  que achega esta combinación de instrumentos de vento (clarinete e trompa) e de tecla (piano). O variado programa reflexa o persoal xeito de expresión musical dos tres compositores seleccionados para este concerto. Comezando polos dous autores da segunda metade do século XIX (o bávaro Franz Strauss e o alemá Carl Reinecke) e continuando con ese gran xenio da dirección orquestral falecido hai agora 20 anos, o norteamericano Leonard Bernstein. As obras seleccionads son unhas Variacións para trompa e piano de Strauss, a Sonata para clarinete e piano de Bernstein e o Trío para clarinete, trompa e piano de Reinecke.

Os músicos deste concerto teñen en común a súa diversa procedencia e ser residentes en Galicia, a súa calidade e a súa sensibilidade e interese pola música de cámara. O trompista bilbaino Jorge Rentería formouse na Royal Academy de Londres, é un colaborador habitual das máis importantes orquestras barrocas europeas (Les Musiciens du Louvre, Les Talens Lyriques, King’s Consort, Wiener Akademie, Freiburger Barockorchester e un longo etcétera) e é tamén mestre de trompa natural na Escola Superior de Música de Euskadi e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. A clarinetista castellonense Beatriz López perfeccionou os seus estudos no Mozarteum de Salzburgo e ademáis dunha ampla actividade como músico de cámara é dende hai dous anos clarinete solista da orquestra compostelá Real Filharmonía de Galicia e profesora na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Nado en Washington de pais chilenos, o pianista Javier Gutierrez gañou diversos concursos internacionais de piano en Chile, Venezuela e España e, ademais da súa intensa actividade como recitalista de piano, é profesro na Escola Superior de Música Raíña Sofía e catedrático no Conservatorio Superior de Zaragoza.

Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.


Festival Via Stellae
V Festival de Compostela e os seus Camiños

Organizan:
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (Consellería de Cultura e Turismo)
Concello da Guarda
JORGE RENTERÍA
Camiño Portugués pola Costa
Xoves 22 xullo
A GUARDA
Centro Cultural
22:00
JORGE RENTERÍA  trompa
BEATRIZ LÓPEZ  clarinete
JAVIER GUTIÉRREZ  piano
Fantasía para clarinete, trompa e piano
obras de Strauss, Bernstein, Reinecke


Catro edicións de grande éxito, cun entusiasta recoñecemento da prensa especializada e o respaldo do público, preceden esta quinta edición do Festival Via Stellae, a deste especial ano Xacobeo 2010. O centro do festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño, pero o Via Stellae aumenta as súas actividades por máis de cincoenta vilas e cidades galegas situadas nas dez rutas de peregrinación que conducen a Compostela (incluindo este ano como novidade o Camiño Portugués pola costa e o Camiño de Inverno). Recoñecido como unha referencia a nivel nacional e mesmo europeo, unha das cualidades máis sobranceiras do Via Stellae é a categoría dos intérpretes que enchen o seu atrainte cartel de 125 concertos.
 


Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones