Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL -O COCIÑEIRO YAYO DAPORTA MARCA O INICIO DA XXV FESTA DA LANGOSTA E DA COCIÑA MARIÑEIRA NA GUARDA

O cociñeiro de Cambados, Yayo Daporta, foi o pregoeiro da XXV Edición da Festa da Langosta e Cociña Mariñeira do Concello da Guarda, que se celebra os días 3, 4 e 5 de xullo.

O cociñeiro de Cambados, Yayo Daporta, foi o pregoeiro da XXV Edición da Festa da Langosta e Cociña Mariñeira do Concello da Guarda, que se celebra os días 3, 4 e 5 de xullo.

Fecha: 04 de Julio de 2015

Fuente: Infomiño.com

O pasado Venres día 3 de Xullo de 2015 tiña lugar na Praza do Reló no Concello de A Guarda a lectura do Pregón da XXV Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira de A Guarda.

Yayo Daporta é un dos chefs máis xoves en conseguir unha Estrella Michelín, polo seu traballo no restaurante que leva o seu nome afincado na vila cambadesa. A súa cociña está definida como unha cociña galega actualizada e está situada na primeira liña da restauración desta terra. Nos seus pratos sempre aposta pola vangarda baseada nos produtos da terra e mar galegos.

O cociñeiro de Cambados, Yayo Daporta, foi o pregoeiro da XXV Edición da Festa da Langosta e Cociña Mariñeira do Concello da Guarda, que se celebra os días 3, 4 e 5 de xullo.

O cociñeiro é membro do "Grupo Nove", asociación que traballa en rede para a promoción da cociña galega a nivel nacional e, por exemplo, colaborou no libro "Rías Baixas, Territorio gastronómico, o que foi galardoado co premio "Gourmand, Best in The World", o mellor exemplar de gastronomía local do mundo. Pero polo que é máis coñecido, ademais de pola súa cociña, e por formar parte do xurado da segunda edición do programa "Top Chef, xunto os cociñeiros Alberto Chicote e Susi Díaz.

Antes da lectura do Pregón, realizouse a actuación da Banda de Música da Guarda. Ademáis, o alcalde de A Guarda, Sr. Antonio Lomba, fixo entrega do Pin de Ouro da Langosta ó ex-Presidente de ACIGU e propietario do Restaurante Anduriña, Sr. Elicio Magallanes coma precursor da idea desta festa gastronómica fai 25 anos.

Ademais de ofrecer diversas receitas e unha calidade estupenda de produtos do mar, están programadas un sinfín de actividades para que, tanto os veciños e veciñas da Guarda, como os múltiples visitantes que en estas datas chegan a localidade, gocen dun estupendo fin de semana.

Nesta XXV edición da festa, a música terá un gran protagonismo, xa que estará presente tanto o venres, como o sábado e o domingo.

O sábado, o día comezará co grupo tradicional "O Trebón dos Xidos" recorrendo as rúas da Guarda. Xa ás 11, coincidindo coa apertura da carpa no Porto, empezará a actuación do guardés Daniel Vilanova. Este xove acordeonista ofrecerá un concerto no que os presentes se sorprenderán pola mestría nas súas mans.

Ás 22 horas, e tras sucederse a Travesía a Nado ou obradoiros de cociña, "The Winning Numbers" porán de novo a banda sonora á festa. Este conxunto, formado por músicos da Guarda e do Rosal, ofrecerán un directo de rock&roll dos anos 60. Tras eles, ás 23 horas, será a quenda de "Lou Reyes", quen trasladará o público ós anos 50 coas súas versións.

O domingo, de novo "O Trebón dos Xidos" acompañará o comezo da festa coincidindo incluso, a súa actuación, coa apertura da carpa no Porto. Ás 12 horas Daniel Vilanova voltará o escenario co seu acordeón e xa pola tarde, as 19,30 horas, será o momento no que se escoitarán os fados grazas ós artistas chegados dende Portugal. Claudia Madeira e Rui Teixeira, porán a guinda final a un gran pastel que durante toda a fin de semana unirá gastronomía, música, xogos e deporte.

O Concello da Guarda pretende, con este tipo de actividades e co resto da larga programación que ofrece nesta XXV edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, converter esta data nun reclamo para familias enteiras.

www.infomiño.com Fotógrafo: Jorge Alonso Daldea
  Fecha: 03/07/2015
www.infomiño.com © 2014. Todos los derechos reservados. Cámara: Canon EOS 350d
     

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones