Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECIAL ? PORTOS DE GALICIA ESTUDA A UBICACIÓN DUN PORTO DEPORTIVO NA PASAXE EN A GUARDA

O Presidente de Portos de Galicia mantivo unha reunión con membros do Clube Náutico de A Pasaxe e membros da corporación local.

Fecha: 29 de Mayo de 2013

Fuente: Infomiño.com

O pasado Martes día 28 de Maio de 2013 o Presidente de Portos de Galicia, Sr. José Juan Durán, mantivo unha reunión cos responsables do Clube Náutico de A Pasaxe e membros da corporación local para estudar as actuacións a levar a cabo na zona de A Pasaxe, coa previsión de realización dun pequeño porto deportivo que podería albergar ata 70 embarcacións de ata 10m de eslora.

Este porto deportivo ven sendo unha demanda dende fai 20 anos, cando se creou o Club Náutico A Pasaxe, para poder albergar ós propietarios de embarcacións nautico-recreativas, que ata o de agora tiñas que realizar os amarres en outros portos de concellos limítrofes coma os de Baiona, Tui ou mesmo na vila portuguesa de Vilanova de Cerveira.


O ente autonómico estudará a realización dun pantalán con cabida para uns 70 amarres na zona ubicada entre o destacamento da Mariña de A Pasaxe e os astilleros de A Pasaxe, dando resposta á demanda existente dende o colectivo.

Portos de Galicia está disposto a outorgar unha concesión para a construcción duns pantaláns para embarcacións de VII lista e inclusive III lista, actuación que non se levou a cabo ata o de agora porque tivo unha tramitación moi complexa, nunha zona duns 20,000m2, pero que agardan que se poida levar a cabo a partir de agora.

Mediante a construcción destes pantaláns, pode dar saída á demanda de puntos de atraque existente, así coma unha saída de índole turístico, incrementando a demanda a atraendo ó turismo náutico.


Dende o grupo municipal reclamaron tamén actuacións de mellora no entorno da Atalaia de A Guarda, lugar onde se enmarca o Museo do Mar, así coma a posibilidade de repintado de aparcamentos no Porto de A Guarda e peche ó tráfico mediante bolardos da Rúa do Porto onde se ubican os establecementos de hostalaría, facilitando o tránsito peonil.

FOTOGRAFÍAS

Fotografías de Jorge Alonso Daldea

 

Fotografía
Fotografía

 

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones