Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESPECTÁCULO -AS POMBAS DE CARBOEIRO- ESTE DOMINGO COA COMPAÑÍA FANTOCHES E A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Este domingo 5 de maio, ás 18,30 h. no Auditorio do Rosal a compañía Fantoches e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerán o espectáculo As Pombas de Carboeiro.

Fecha: 04 de Mayo de 2013

Fuente: Banda do Rosal

Este domingo 5 de maio, ás 18,30 h. no Auditorio do Rosal a compañía Fantoches e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerán o espectáculo As Pombas de Carboeiro.Este domingo 5 de maio, ás 18,30 h. no Auditorio do Rosal a compañía Fantoches e a banda de música da Agrupación Musical do Rosal ofrecerán o espectáculo "As Pombas de Carboeiro".
Unha sorprendente peza onde se misturan os contos e os cantos, os romances e as lendas, e revélanos a fantástica orixe das pombas de Carboeiro. A representación versa sobre a historia dun frade que trata de convencer ao exército napoleónico de que non sacie a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro de Carboeiro. A través do seu relato, interpretado coa técnica xaponesa do kamishibai -baseada en imaxes impresas en cartolina nunha xanela de madeira que leva unha bicicleta- o vello relixioso descubrirá a historia de amor imposible protagonizada por Cervela (correo de El-Rei Fernando II) e Octavia (a filla máis nova de Lupa de Lobarzán), e que dará orixe á estirpe de pombas que habitan no mosteiro.
A dramaturxia de Inacio Vilariño e Benxamín Otero, ao igual que as súas dotes para manipular monicreques e interpretar contos ou cantos, estará acompañada pola música en directo da Agrupación Musical do Rosal baixo a dirección de Marcel van Bree, que interpretarán as pezas compostas para a ocasión por estes.
Trátase dun espectáculo de dinamización lingüística multidisciplinar que combina a lingua narrada coa dramaturxia, os monicreques e coa música en directo e forma parte do programa "FalaRedes 2013" que percorrerá 19 concellos adheridos á Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia. O acto está organizado polo Concello do Rosal en colaboración coa Agrupación Musical do Rosal.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones