Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Establecementos de alimentación do Rosal levan a compra a casa ou preparan pedidos listos para recoller

O Concello quere amosar o seu agradecemento a todas as traballadoras e traballadores do sector da alimentación, que están a desempeñar un papel clave durante a crise sanitaria

O Concello quere amosar o seu agradecemento a todas as traballadoras e traballadores do sector da alimentación, que están a desempeñar un papel clave durante a crise sanitaria

Fecha: 28 de Marzo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Con case todos os sectores económicos paralizados pola crise sanitaria do COVID-19, sectores como a alimentación traballan a pleno rendemento para poder garantir que a sociedade poida dispoñer de produtos de primeira necesidade. Nestes intres no Rosal, os supermercados seguen a enviar a compra a domicilio mentres que outros comercios de alimentación optan por facilitar a compra aos seus clientes extremando todas as medidas de seguridade. Así, por exemplo, a Tenda Paquín preparan os pedidos telefónicos para que os rosaleiros e rosaleiras soamente teñan que recollelos na tenda e así pasar o menor tempo posible na rúa. Pola súa banda, o Mercado municipal continúa coa súa actividade habitual, aínda que aplicando todas as medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias.

O Concello do Rosal quere amosar o seu agradecemento ás traballadoras e traballadores de toda a cadea do sector da alimentación que, como salienta a alcaldesa Ánxela Fernández, "estes días non poden quedarse nas súas casas. Poñen en risco a súa saúde para que o resto da veciñanza poida pasar a crise sanitaria a salvo nos seus domicilios e ter acceso a todo o necesario para cumprir o illamento minimizando no posible os efectos desta pandemia".

As traballadoras e traballadores do sector da alimentación están a desempeñar un papel clave na superación da crise. Así que dende o Concello pídese á veciñanza a maior colaboración e paciencia á hora de ir a comprar e que se axude ás empregadas e empregados de supermercados e tendas de alimentación cumprindo unhas normas básica: acudir a mercar unha soa persoa por familia, usar guantes e máscara, manter a distancia de seguridade mínima dun metro, non acumular alimentos e seguir os protocolos básicos de hixiene.

Tamén se quere agradecer o labor que están a desempeñar os traballadores e traballadoras doutros ámbitos, como a sanidade, os Corpos de Seguridade e os diferentes servizos públicos ou de sectores como o farmacéutico, o transporte e todos aqueles que están colaborando dunha forma encomiable nestas circunstancias tan difíciles.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones