Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE DOMINGO 6 DE ABRIL A CATEDRAL DE TUI ACOLLE O PREGÓN DA SEMANA SANTA TUDENSE

Correrá a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández

A fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa ci

Fecha: 03 de Abril de 2014

Fuente: Asoc. Amigos da Catedral de Tu

Este domingo 6 de abril ás 18,00 horas terá lugar na S. I. Catedral de Tui a lectura do Pregón da Semana Santa tudense, a cargo de Monseñor Alberto Cuevas Fernández, párroco de Nosa Señora da Soidade na cidade de Vigo e delegado diocesano de medios de comunicación social. É unha persoa estreitamente relacionada con Tui, cidade onde cursou os seus estudios eclesiásticos. Autor de numerosos traballos periodísticos, colaborador habitual en varios xornais e emisoras de radio, salienta pola súa especial capacidade de comunicación.

Completa o programa deste acto un pequeno concerto a cargo de Manuel Madarnás Pérez (alumnos do Conservatorio Municipal de Música de Tui) á trompeta acompañado de J. Ramón Rodríguez Carbajal ao piano.

A Asociación de Amigos da Catedral de Tui, xuntamente co Cabido Catedral e coa "Hermandad del Dulce Nombre de Jesús y Santa Casa de Misericordia" e coa colaboración do Concello de Tui, impulsan, logo da favorable acollida dos anos anteriores, a celebración deste pregón da Semana Santa tudense co obxectivo de promover e valorizar as celebracións desta xornadas na nosa cidade e servir como anuncio e apertura dos actos litúrxicos destas tradicionais celebracións tudenses. Nas anteriores edición este pregón estivo a cargo dos profesores da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Cendón Fernández e Domingo González Lopo.

O propósito das entidades organizadoras é contribuír á promocións dos actos litúrxicos e, nomeadamente, as procesións e outros elementos que identifican, dende hai séculos, a Semana Santa tudense. Estes actos reúnen xuntos aos desfiles procesionais outros elementos paralitúrxicos ou parateatrais de fonda tradición na nosa cidade, como é a horta das Oliveiras ou os sermóns do Encontro e o Desencravo. Certamente estes aspectos resultan os máis singulares da Semana Santa tudense que unidos aos desfiles procesionais, onde saen singulares tallas -salientando a popular Dolorosa de Agustín Querol- e ao excepcional marco destes cortexos polas vellas rúas do conxunto histórico converten á Semana Santa tudense nun excepcional acontecemento que une fe, arte e cultura.

A fundamental dimensión relixiosa destas tradicións da Semana Santa non reduce as súas dimensións culturais e mesmo turísticas que posúen estas seculares costumes que cómpre conservar como testemuña dunha historia e como identificadoras da vida da nosa cidade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones