Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este domingo celebrase o I Ciclocross Concello da Guarda

Esta proba deportiva, puntuable na copa Galicia de Ciclocross, terá lugar dende as 9:30h da mañá dende a Alameda da Guarda.

Esta proba deportiva, puntuable na copa Galicia de Ciclocross, terá lugar dende as 9:30h da mañá dende a Alameda da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

Na xornada deste xoves día 11 de novembro de 2021 a Casa dos Alonso acolleu a presentación do I Ciclocross Concello da Guarda, un evento deportivo que terá lugar o vindeiro domingo día 13 de novembro, organizado polo Clube Insitu, que conta xa con preto de 30 deportistas federados nos seus 5 anos de andadura.

 

No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes e representantes do Clube Insitu, organizadores desta primeira edición, que deron a coñecer os pormenores deste evento deportivo.

 

Ás 9:30h da mañá arranca esta proba deportiva que terá lugar entre a Alameda da Guarda, o Campo de Fínola e o antigo Estadio do Trega, cun circuíto preparado para a ocasión con 3 quilómetros de percorrido nos que os participantes se atoparán con diferentes tipos de obstáculos que deberán superar. A proba, que contará con preto de 400 participantes, desenvolverase por categorías dende os Cadetes ata os Másters, comezando polas categorías superiores.

 

Destacan coma atractivos que se realizará nun entorno urbano, polo que se convida a toda a veciñanza a achegarse para presenciar a proba deportiva e animar aos deportistas participante, achegados dende toda a xeografía galega.

 

 

O ciclista local Jonatan Sousa afronta esta proba co ánimo de defender o maillot de líder na súa categoría.

 

Para Antonio Lomba, resulta moi importante que un clube local coma Insitu organice este tipo de eventos, promocionando un deporte que está a espertar moito interese e confía en que a proba se afiance nos vindeiros anos.

 

Montserrat Magallanes valorou moi positivamente a iniciativa, engadindo que o “deporte é saúde”, polo que as probas deportivas sempre contarán co apoio do Concello da Guarda.

 

Debido á celebración da proba as rúas Coruña e Rosalía de Castro terán limitacións de tráfico durante o transcurso do evento(entre as 9:00h e as 13:00h).

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí