Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este fin de semana celébrase o primeiro festival de narración oral de Oia

O Festival do Rei Sol encherá as parroquias do Concello de teatro, música e outras actividades coa idea de recuperar a memoria oral da zona.

O Festival do Rei Sol encherá as parroquias do Concello de teatro, música e outras actividades coa idea de recuperar a memoria oral da zona.

Fecha: 01 de Octubre de 2016

Fuente: Costa dos Castros

O Festival do Rei Sol encherá as parroquias do Concello de teatro, música e outras actividades coa idea de recuperar a memoria oral da zona.

O evento xurdiu por mor da Festa do Rei Sol que se celebrou o ano pasado no castro de Cano dos Mouros, recuperando unha lenda local que conta como cada atardecer o Rei Sol sentaba ao pé deste castro en Viladesuso a contemplar a posta de sol.

Este ano, grazas á achega de fondos do Concello de Oia e da Deputación de Pontevedra (no marco de Ano Castelao), púidose ir un paso máis aló e organizar un auténtico festival de narración oral con actuacións estelares de Xurxo Souto e Cándido Pazó, entre outros.

O programa ao detalle

Este venres 30 arrinca o festival coa actuación de Xurxo Souto, que liderou a banda Os Diplomáticos de Monte Alto e ofrecerá o seu espectáculo "Contos do Mar de Irlanda" que mestura música e unha colección de historias extraordinarias que contan as vivencias de mariñeiros galegos polo mundo. Será ás 22:00 horas no Centro Cultural de Santa María de Oia.

O sábado 1 haberá eventos para todos os gustos e idades. Pola mañá Viravolta Títeres ofrece un obradoiro para nenos no Centro Cultural de Pedornes. Haberá dous pases, ás 10:30 e ás 12:30. Os interesados poden inscribirse en costadoscastros@gmail.com ou chamando ao teléfono 666435832.

O sábado pola tarde o antropólogo Rafa Quintía dará unha charla sobre os mouros na tradición galega, que se atopan ata no mesmo nome do castro onde se orixina o Festival do Rei Sol: Cano dos Mouros. Coa charla de Quintía esperamos aprender algo máis sobre estes seres mitolóxicos tan ligados aos castros. Será ás 18:00 horas no Centro Cultural de Viladesuso.

O sábado pola noite é o momento de Cándido Pazó e o seu espectáculo "Que comerá ou Rei?", unha sesión de historias inspiradas nos debuxos e textos de Castelao e tinguidas do humor agudo do actor e dramaturgo. Ás 21:00 horas no Centro Cultural de Mougás.

Un domingo de sol

O domingo 2 de outubro é o día de festexar o propio Rei Sol no castro de Cano dos Mouros, Viladesuso. A celebración estaba programada para a fin de semana pasada, pero tras ser cancelada debido á chuvia, volve ao grande no marco do festival este domingo pola tarde.

A celebración comeza ás 18 horas cunha visita guiada ao castro no que xa se fará mención ao Rei Sol. Ás 19:00 actuarán o grupo de teatro de Mougás e o grupo "O Mellor de Cada Casa" de Viladesuso cun espectáculo baseado nas mitoloxías da Gallaecia antiga recollidas no libro Vento e Chuvia de Manuel Gago.

Co solpor a programación porase en pause para contemplar o maior espectáculo que nos dá a natureza: a propia posta de sol. Ás 21 horas a noite dará paso á actriz Sole Felloza cunha sesión de narración oral acompañada de iluminación de Limiar Teatro.

A tarde estará amenizada coa música de A Fiada de Viladesuso e haberá postos de comida e bebida, incluíndo a cervexa artesá "Rei Sol" de Trisk-Ale.

Toda a programación é de entrada libre e gratuíta. O festival está organizado polo Concello de Oia, a Deputación de Pontevedra e a Asociación Costa dos Castros, no marco da súa estratexia por dinamizar Oia a través da xestión do patrimonio. Conta ademais coa participación da Comunidade de Montes de Viladesuso e a Asociación de Veciños de Viladesuso.

Para máis información poden consultar a páxina web www.costadoscastros.com .

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones