Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este luns abre o prazo de presentación de solicitudes do programa Reactiva Tui

O concello de Tui destina 280 mil euros a autónomos, microempresas e pequenas empresas

O concello de Tui destina 280 mil euros a autónomos, microempresas e pequenas empresas

Fecha: 15 de Junio de 2020

Fuente: Concello de Tui

O luns, 15 de xuño, abre o prazo de presentación de solicitudes para as axudas extraordinarias de emerxencia Reactiva Tui. O martes, 9 de xuño, publicáronse no BOPPO as bases destas axudas, tras ser aprobadas en pleno o pasado 28 de maio, e onte venres publicouse o extracto das mesmas, o que da inicio ao prazo de presentación de solicitudes dende o luns e durante un período de 15 días.

As axudas van dirixidas a traballadores autónomos, microempresas e pequenas empresas cuxo domicilio fiscal e local comercial estea no termo municipal de Tui, e que tiveran que permanecer pechados ao público como consecuencia das medidas derivadas da declaración do estado de alarma provocado pola COVID-19.

Os obxectivos de Reactiva Tui son paliar a incidencia que tivo a declaración do estado de alarma; preservar o tecido empresarial, obrigado ao peche dos seus establecementos, ao tratarse de actividades non esenciais; protexer o interese xeral dos veciños de Tui, reactivar a economía, impulsar a actividade económica e promover e mellorar a participación no uso das tecnoloxías da información e as comunicacións.

O Concello de Tui establece catro liñas de axudas. A primeira está destinada aos gastos de aluguer de local comercial realizados dende o inicio do estado de alarma até un máximo de catro meses. A segunda liña vai dirixida á transición cara ao comercio on line ou optimización do existente e abrangue a consultoría e formación para a dixitalización do negocio, o desenvolvemento ou mellora da web ou introdución de pasarelas de compras, márketing e promoción dixital, subscricións a portais de venda on line, publicidade de venda on line, ou subscrición a internet. Mentres na liña 3 subvencionaranse os gastos derivados do cumprimento das especificacións de servizo, limpeza, desinfección, mantemento e xestión do risco derivadas das medidas para a redución do contaxio pola COVID19 coma compra de máscaras, produtos coma xel hidroalcohólico, luvas, limpezas especiais... Por último na liña catro subvenciónanse os investimentos para o acondicionamento dos locais comerciais para lograr espazos máis seguros. Aquí inclúense o acondicionamento ou reforma de seguridade do local ou terraza, incluída a compra de mobiliario, griferías e maquinaria.

O Concello de Tui destina a estas subvencións 280 mil euros. Establécese un límite máximo de subvencións do 100% do gasto subvencionable até un máximo de 1000 euros por beneficiario.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes, no modelo normalizado, e a documentación requirida, durante quince días hábiles contados a partir do luns, 15 de xuño.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones