Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Este mércores ás 19 h inaugúrase en Tui a exposición -Estampas anagrámicas-

Acrobacias e cinema na primeira xornada da programación Cultural de San Telmo

Acrobacias e cinema na primeira xornada da programación Cultural de San Telmo

Etiquetas del contenido

Fecha: 07 de Abril de 2021

Fuente: Concello de Tui

O mércores, 7 de abril, comeza a programación cultural de San Telmo.

Ás 19 h na Sala de Exposicións Municipal, na Área Panorámica, inaugúrase a exposición “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”. Recupérase así esta mostra que formou parte das festas de San Telmo de 1934. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto aos membros da corporación municipal.

A programación prevista comezará previamente, ás 17 h, no Paseo da Corredoira co primeiro pase do pasarrúas que realizará Asacocirco co espectáculo “De Frac”. Volverá actuar ás 19 h.

Xa na carpa que se instalou na Corredoira, con capacidade para 120 persoas, actuará Pista Castro ás 18 h co espectáculo “Lila Star”. As entradas poden reservarse gratuitamente en tui.gal, e aquelas non validadas 10 minutos antes do inicio poderán ser reasignadas. A artista Beatriz Rubio presenta un espectáculo circense con múltiples acrobacias para toda a familia.

Ás 20 h a cita será no Teatro Municipal coa proxección da película “Ons” de Alfonso Zarauza. Está interpretada por Melania Cruz, Antonio Durán, Xulio Abonjo, Anaël Snoek e Marta Lado. Transcorre na illa de Ons onde recala un matrimonio para pasar o verán, pero a estancia alóngase e comezan a aflorar segredos gardados.  Está nomeada a 13 premios Mestre Mateo. O aforo está limitado a 180 butacas. As localidades deben reservarse en tui.gal, e no caso de non ser validadas 10 minutos antes do inicio poderán ser reasignadas. 

 

Programación de Actividades de San Telmo 2021

Do 7 ao 12 de abril

  • Na Sala de Exposicións Municipal “Estampas anagrámicas de Rafael García Sánchez”

Mércores 7

  • Ás 17 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
  • Ás 18 h na carpa no Paseo da Corredoira PISTA CATRO “Lila Star”
  • Ás 19 h no Paseo da Corredoira pasaRÚAs ASACOCIRCO “De Frac”
  • Ás 20 h no Teatro Municipal CINEMA “Ons”
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí