Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE SÁBADO, 16 DE AGOSTO, CELÉBRASE EN TUI A FESTA DO MIÑO

Romaría en Caldelas, Descenso, Festival Gastronómico, e Festimiño figuran no programa previsto

E para rematar a xornada a Festa trasládase ao Paseo Fluvial co Festimiño 2014 no que este ano van actuar Cristian Deluxe, DaSoul, Los Cacikes, Hugo Nández, Traffic House, Playdrum Brother e Kristian Rodríguez. A entrada é libre.

Fecha: 13 de Agosto de 2014

Fuente: www.concellotui.org

Este sábado, 16 de agosto, celébrase en Tui a Festa do Miño organizada polo Concello de Tui e as asociacións culturais "Seixos Albos" de Areas, "Val de Flores" de Baldráns, "A Insua" de Caldelas, "Lembranzas da terra" de Guillarei, "Santiago" de Malvas, "San Xoán" de Paramos, "Aloia" de Pazos de Reis, "O Mosteiro" de Pexegueiro, "Xuntanza" de Randufe, "San Fins" de Rebordáns, "Santa Columba" de Ribadelouro.

O programa previsto comezará ás 13h coa saída dende o Paseo da Corredoira ata Caldelas, onde se celebrará un xantar campestre a prezos populares. Na Ribeira de Caldelas contarase con animación musical cun dj, así coma coa actuación de grupos folclóricos.

Dende a propia Ribeira de Caldelas sairá ás 17.30h o Descenso Festa do Miño en Piragua que irá ata a Praia da Mariña. Os interesados poden inscribirse ata mañá mércores, 13 de agosto, ás 23.59h na web www.festadomiño.com, ou descargando o boletín de inscrición e entregándoo nas asociacións culturais organizadoras. O prezo oscila entre os 8 da participación individual con piragua propia e os 32 euros da participación en parella alugando a piragua. Os 300 primeiros inscritos recibirán camiseta conmemorativa.

A Festa do Miño proseguirá a partir das oito da tarde no Paseo da Corredoira co Festival Gastronómico a cargo das asociacións culturais organizadoras que presentarán a prezos populares, 1€, 2€ e 3€, produtos da gastronomía galega coma empanada, filloas, chourizos,...

E para rematar a xornada a Festa trasládase ao Paseo Fluvial co Festimiño 2014 no que este ano van actuar Cristian Deluxe, DaSoul, Los Cacikes, Hugo Nández, Traffic House, Playdrum Brother e Kristian Rodríguez. A entrada é libre.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones