Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este sábado arranca na Guarda o Ciclo de Música Coral

O vindeiro sábado día 16 de febreiro arranca no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios da Guarda e o Coro Cantábile da Guarda.

O vindeiro sábado día 16 de febreiro arranca no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios da Guarda e o Coro Cantábile da Guarda.

Fecha: 16 de Febrero de 2019

Fuente: Concello da Guarda

O vindeiro sábado día 16 de febreiro arranca no Centro Cultural da Guarda o Ciclo de Música Coral, contando nesta ocasión coa participación do Coro Diapasón de Ferrol, o Coro Arpegios da Guarda e o Coro Cantábile da Guarda.

A cita será ás 20:30h no Salón de Actos do Centro Cultural con entrada de balde, dende a Concellería de Cultura convídase a toda a cidadanía a asistir a este concerto e gozar da música Coral, cun repertorio moi variado no que se mesturan as cancións galegas con cancións moi afamadas e coñecidas por todos de artistas e bandas coma Os Beatles ou tamén temas clásicos.

O Coro Cantábile é un grupo de canto coral de persoas de diferentes idades, nace no ano 1986 como Coro da Catequesis para máis tarde pasar a chamarse Coro Arpegios, primeiro infantil e despois xuvenil de voces mixtas. Durante a súa traxectoria percorreron varios lugares de España, País Vasco, Barcelona, Madrid,... Portugal e Francia, alcadando un gran nivel grazas ao esforzo e adicación polo que teñen acadado premios en concursos de Galicia e outras cidades de España e dous traballos discográficos "Canto A Guarda" e "XX años cantando", baixo a dirección de Don José Luis Lorenzo Rodríguez.

Case o 100% do seu repertorio foi composto ou arranxado por Don José Luis Lorenzo Rodríguez destacando obras inéditas premiadas nos años 1995, 1997 e 2002 no "Festival de Villancicos de Caixanova de Vigo".

No ano 2007 asume a dirección Dona Lucía Alonso Castro, realizando unha labor de continuación ata o 2016, ano no que toma a batuta Avelino Ferreira López.

Do coro inicial formáronse as dúas agrupacións actuais, Arpegios como coro infantil e Cantábile, que seguen promovendo a cultura musical e o canto coral baixo a dirección de Avelino Ferreira López.

O Coro Diapasón nace en Ferrol no ano 2010 a partires dun obradoiro de música coral contemporánea, debutando no ano 2011 e facendo concertos dende ese ano ao longo da xeografía galega e tamén no resto de España baixo a dirección de Juan M. Brage Rabina.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones