Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE SÁBADO CELÉBRASE A I SUBIDA O MONTE ALOIA -ROMARÍA DAS ANGUSTIAS-

Este evento foi presentado esta mañá no Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Deportivo AndaTui RegodaPedra, entre outros.

Fecha: 30 de Junio de 2012

Fuente: www.concellotui.org

Este evento foi presentado esta mañá no Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Deportivo AndaTui RegodaPedra, entre outros.

Ás doce desta noite remata o prazo de inscrición para participar na I Subida ao Monte Aloia "Romaría das Angustias" organizada polo Club Deportivo Anda Tui Rego da Pedra.

 

Este evento foi presentado na mañá de onte no Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o presidente do Club Deportivo AndaTui RegodaPedra, entre outros.

 

José Martínez Tato, presidente do club organizador, indicaba que tras realizar a Andaina Tudense, barallaban distintas iniciativas, entre elas esta subida recuperando así unha tradición que se perdera, e que el lembra de hai anos. Explicaba que nesta Subida pode participar calquera persoa, e no percorrido darán a coñecer distintas zonas do Parque Natural do Monte Aloia. Ao remate xa no cumio do monte haberá cea e festa ata altas horas, e os que queiran poderán quedar a durmir na zona de acampada que estará aberta.  Agardan superar o centenar de participantes.

 

Nesta presentación o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, felicitou ao club AndaTui por recuperar esta tradición. Engadía que esta Subida complementa ás Andainas Saudables que organiza a Eurocidade Tui-Valença. Ao tempo que promove a práctica deportiva tamén pon en valor o Parque Natural do Monte Aloia, dicía. Segundo o edil esta iniciativa xorde co obxectivo de manter a súa continuidade no tempo

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, puxo de relevo a importancia de recuperar a tradición nun espazo tan marabilloso coma o Parque Natural do Monte Aloia. Expuña que hai no municipio moitos recunchos e zonas que non coñecemos, sendo esta unha boa oportunidade, para descubrir algúns deles, ao tempo que se practica deporte.  Daba tamén ás grazas á Xunta Rectora do Parque Natural do Monte Aloia polas facilidades dadas.

 

Esta subida sairá sábado ás nove da noite dende o Paseo da Corredoira, e  a chegada será no alto do Monte Aloia con cea e festa no adro da capela de San Xiao.  O percorrido é de 9 quilómetros, a meirande parte por camiños de terra, pasando pola rúa Maristas, Seixal, Muíños do Tripes, Frinxo e Capela do Monte Aloia.  No caso de moita calor a organización establecerá un punto de avituallamento en Frinxo.

 

Os participantes deben recoller a súa inscrición no Paseo da Corredoira o sábado a partir das oito e media da tarde.  A club Anda Tui só organiza a subida de tal xeito que os participantes terán que elixir coma baixan. Haberá aparcamentos para coche, e unha zona de acampada habilitada no Aloia.  O Club Anda Tui recomenda levar roupa de abrigo e para cambiarse, lanterna e reflectantes.

As inscricións poden facer ata hoxe mércores ás doce da noite ingresando a cota de participación na conta do Banco Popular, e enviando o xustificante a clubandatui@gmail.com. O prezo para adultos é de 9€ e os nenos menores de 12 anos aboarán 5€.

Toda esta información pode ampliarse en www.andatui.es
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones