Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE SÁBADO CELÉBRASE A II FESTA DA CERVEXA DA CABECIÑA EN MOUGÁS

Nesta a súa segunda edición celébrase este sábado 7 de maio dende as 12:00 do mediodía ata as 19:00 horas.

Nesta a súa segunda edición celébrase este sábado 7 de maio dende as 12:00 do mediodía ata as 19:00 horas.

Fecha: 07 de Mayo de 2016

Fuente: Costa dos Castros

NOTA: En caso de choiva, parte da programación realizaráse na Casa da Cultura de Mougás.

A Festa da Cervexa da Cabeciña é un evento popular para pasar un día desfrutando da cervexa artesá na contorna do castro da Cabeciña en Mougás, Oia. Nesta a súa segunda edición celébrase este sábado 7 de maio dende as 12:00 do mediodía ata as 19:00 horas. Ademais de cervexa haberá postos de refrescos, comida, música e actividades para todas as idades ao longo da xornada.

 

A Festa da Cervexa da Cabeciña é unha iniciativa da Asociación Costa dos Castros e a Comunidade de Montes de Mougás e conta coa participación da Asociación de Veciños de Mougás.

 

Na primeira edición celebrada o ano pasado, os asistentes degustaron cinco cervexas elaboradas por Trisk-Ale expresamente para a festa. Ao final da xornada votaron a súa favorita, que agora se comercializa co nome do castro.

 

Desta volta, Trisk-Ale tirará cañas da cervexa gañadora e ademais presentará, xunto con Vacaloura, tres cervexas novas que os asistentes poderán degustar para despois votar pola súa favorita. A gañadora pasará a ser a cervexa do Rei Sol, en homenaxe á lenda vinculada ao castro de Cano dos Mouros, na parroquia veciña de Viladesuso.

 

Entre as cervexas a concurso hai unha IPA de Trisk-Ale, mais unha American IPA de espelta e unha Weissen, ambas de Vacaloura. Tamén pincharase unha cervexa sorpresa especial fóra de concurso.

 

Un programa moi castrexo

 

Desta volta a organización anima á xente a asistir á festa disfrazados de castrexos. Haberá premios aos mellores disfraces de nenos e adultos. "O máis divertido disto é que temos poucas evidencias de como se vestían os castrexos, a excepción dalgunhas esculturas de guerreiros, así que é un concurso bastante libre" comenta Xosé Gago, coordinador do proxecto Costa dos Castros, que busca a dinamización turística da zona a través da arqueoloxía e o patrimonio.

 

Ademais haberá un obradoiro para nenos no que se construirá unha cabana castrexa nas inmediacións da Cabeciña. "É o momento de mancharse de barro e aprender unha técnica de construción milenaria" comenta Elena Cerviño, a organizadora do obradoiro. Nas últimas semanas, os veciños da zona estiveron apañando varas, pedras e xestas para construír a estrutura da cabana que os nenos van recubrir o día de festa.

 

Ao longo da xornada haberá actuacións de grupos de gaitas e varias visitas guiadas ao castro e petróglifos da Cabeciña. Ademais de cervexa, tamén se ofrecerán refrescos e postos de comida a prezos populares.

 

A festa comeza ás 12 do mediodía ata as 7 da tarde. Ás 11 horas sairá unha andaina ata A Cabeciña dende a Casa da Cultura de Mougás. A duración son uns 3 km e non é necesario inscribirse.

 

Unha fin de semana completa

 

A Asociación Costa dos Castros anima aos asistentes da Festa da Cervexa da Cabeciña a quedarse na zona durante a fin de semana, para achegarse ás Festas do Carmen da parroquia veciña de Viladesuso que se celebran toda a fin de semana, ou ao curro da Valga do domingo 8.

 

Neste enlace hai máis información sobre o programa e como chegar: http://costadoscastros.com/gl_ES/2016/04/20/ii-festa-da-cervexa-da-cabecina/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones