Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres celébrase o Concerto de Fin de Ano no Teatro Municipal de Tui

Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo

Correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo

Fecha: 27 de Diciembre de 2019

Fuente: Concello de Tui

Este venres, 27 de decembro, ás 21h no Teatro Municipal de Tui celebrarase o Concerto de Fin de Ano. Correrá a cargo de catro agrupacións tudenses a Banda de Música Popular de Tui e as corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo que ofrecerán un repertorio no que primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss.

A Coral do Centro Sociocomunitario de Tui, baixo a dirección de David González, será a encargada de abrir o concerto con "Noche de Paz", logo interpretarán "Despacito no hagais ruído" e rematarán coa panxoliña "Seguindo unha estrela". A Coral Ponte das Febres de Ribadelouro, dirixida por Rafael Pérez, elixiu para este concerto "Corre lixeiro", "O neno dormía" e a composición popular andaluza "Olé olé". Con "Nadal de Luintra" abrirá a súa actuación a Coral San Telmo que interpretará tamén "O Meniño" e "Catro galegos a Belén" baixo a dirección de Celso Diego Martínez.

A concerto proseguirá coa intepretación por parte das tres corais e da Banda de Música Popular de Tui de "Blanca Navidad" e "Adeste Fidelis". A última parte deste evento musical correrá a cargo da Banda de Música Popular de Tui que ofrecerá o tema principal da banda sonora de Xogo de Tronos, as panxoliñas "Feliz Navidad" e "Adeste Fidelis", e o "Danubio Azul" e "Marcha Radetzky" de Johann Strauss.

As entradas están á venda en www.culturatui.info até mañá venres ás 12 h e mañá dende ás 19.30 h poderanse adquirir no despacho de billetes aos prezos de 5€ e 3€.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones