Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

ESTE VENRES CELÉBRASE O XXIII FESTIVAL DE BANDAS DE MÚSICA DE TUI NO TEATRO MUNICIPAL

Actuarán no teatro municipal as bandas de Monçao e Tui

Actuarán no teatro municipal as bandas de Monçao e Tui

Fecha: 01 de Agosto de 2014

Fuente: www.concellotui.org

O XXIII Festival de Bandas de Música de Tui celebrarase mañá venres ás 22.30h no Teatro Municipal. A probabilidade de precipitacións para mañá á noite leva a cambiar o emprazamento da Praza de San Fernando onde se ía celebrar inicialmente, cara ao Teatro Municipal onde terá lugar. O público poderá gozar do son da Banda de Música da Casa do Povo de Tangil de Monçao e a Banda de Música Popular de Tui.

As entradas, de xeito gratuíto, deben retirarse dende ás 22h no despacho de billetes da Área Panorámica, cun máximo de dúas localidades por persoa.

A Banda de Música da Casa do Povo de Tangil de Monçao está formada por 70 músicos e dirixida por Daniel Óscar Lobato Vieira. As súas orixes remóntanse a primeira metade do século XIX, sendo en 1970 cando adopta a súa actual denominación. En 1997 lle foi concedida a medalla de ouro do municipio de Monçao, sendo considerada Institución de Mérito no campo cultural. Ten no seu haber dous traballos discográficos gravados en 2004 e 2008 respectivamente. Ten participado en romarías, festas, e festivais tanto en Portugal coma en España e Francia e en programas de televisión.

Programa:
• "Hispânico" de Nuno Osório
• "La divina comédia - Inferno" de Dante Alighieri
• "Artie Shaw" Concerto para clarinete de Artie Shaw
• "God save the Queen" de Carlos Marques
• "Blaze away" de Abe Holzmann
A Banda de Música Popular de Tui está dirixida por Adolfo Besada e integrada por 60 músico. Afunde as súas raíces a finais do século XIX, mantendo unha actividade permanente dende a década dos oitenta. Nestas case tres décadas ten ofrecido numerosos concertos tanto en Galicia coma en Portugal, así coma en Valencia, Salamanca, Asturias, Madrid ou Bos Aires. Esta agrupación ten tanto na Escola de Música de Tui coma no Conservatorio unha excelente canteira de músicos que integran as súas filas.

Programa:
• "Meu Pai" (Pasodoble), de . M. González Iglesias.
• "Cantigas Enxebres"(Rapsodia Galega) de A. Besteiro.
• "My Way", arreglo J. V. Simeó.
• "Oregón" (Fantasy for band) de J. de Haan.
• "Un Poleo" (Polca), de M. Lillo.
• "Já Cá Cantas"(Rapsodia Portuguesa) de A. Madureira.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones