Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este venres realizaranse os test por COVID 19 aos membros da Policía Local de Tui

Durante a xornada de hoxe e até contar co resultado dos test o servizo da Policía Local está a ser cuberto por dous efectivos.

Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas.

Fecha: 09 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

Un equipo do SERGAS desprazarase mañá até Tui para realizar o test do COVID 19 aos membros da Policía Local que nas últimas xornadas estiveron en contacto co auxiliar da Policía Local que deu positivo por coronavirus. Esta persoa está illada no seu domicilio dende o pasado sábado cando acudiu ao médico tras presentar o venres os primeiros síntomas. No día de onte recibiu o resultado positivo no test.

Seguindo as recomendacións do médico de Prevención de Riscos Laborais do Concello dende onte á tarde os membros da Policía Local que coincidiron en quendas de traballo con este auxiliar están nas súas casas, a espera da realización do test na xornada de mañá. Ningún dos axentes e auxiliares presentas síntomas.

Durante a xornada de hoxe e até contar co resultado dos test o servizo da Policía Local está a ser cuberto por dous efectivos. Hoxe novamente procedeuse a desinfección das instalacións, ao igual que se fixera xa no día de onte.

Dende o Concello de Tui desexan unha pronta recuperación ao membro da Policía Local afectado polo COVID 19, e de reitera o agradecemento polo labor que están a realizar dende este corpo. Tamén se fai fincapé na importancia nestes días festivos de manter o confinamento.

Por outra parte membros da BRILAT, a través da Subdelegación do Goberno, procederon ao longo desta mañá a realizar tarefas de desinfección tanto no exterior coma no interior da Residencia San Telmo e da Residencia Paz y Bien.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones