Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Este xoves 2 de abril, celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil

A Biblioteca Municipal de Tui anima ás familias a celebrar esta data con varias iniciativas

A Biblioteca Municipal de Tui anima ás familias a celebrar esta data con varias iniciativas

Fecha: 02 de Abril de 2020

Fuente: Concello de Tui

Mañá 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Por este motivo a Biblioteca Municipal de Tui convidan a festexar esta data dende o confinamento doméstico con catro propostas. Son as seguintes:
1.- Ler en familia algunha obra de literatura infantil, especialmente recomendada a lectura de contos polos pais e nais aos fillos máis cativos para fomentar o gusto polos libros e a lectura.
2.- Participar no concurso promovido por Galix "Un poema na túa voz". Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, animámos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e a que gravedes as súas lecturas e as enviedes a Galix. A información está dispoñible en http://www.galix.org/2020/03/por-mor-das-circunstancias-excepcionais.html
3.- Acceder a literatura infantil e xuvenil dende casa, algunhas que recomendamos son:
? O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra abre as súas portas no mundo dixital, e ofrece contidos todos os días no Salón Virtual
? O Colectivo NOGA #narracionoralgalega crea a canle de YouTube Pandemia de contos, onde se poden atopar historias breves contadas por diversas narradoras e narradores orais.
? A editorial Galaxia ten creada no Instagram a conta Galaxia Infantil, na que se están a colgar vídeos nos que as autorías falan dos seus libros
? A páxina web de Kalandraka, que ofrece moito material videográfico arredor da literatura.
o Contos contados
o Vídeosmusicais
o Cantar e contar .
? En páxinas como a de Os Bolechas, por exemplo, podemos atopar contido para ocupar o tempo de lecer das nosas crianzas.
? Atoparedes vídeos, series, música, audio-contos e xogos en galego na web do Xabarín en CRTVG. Non vos perdades os divertidos Karaokes do Xabarín, para cantar en familia. Na canle YouTube do Xabarín.
? Na canle de YouTube Sonárbore, a canle en youtube da Editorial Galaxia, hai moitos vídeos para cantar e bailar en galego.
? Na páxina da Real Academia Galega: contidos para o público infantil sobre Carballo Calero a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: http://primaveradasletras.gal/

Mais información na web de Galix: http://www.galix.org/2020/03/iniciativas-para-ficar-na-casa-con.html
4.- Dende a Biblioteca Municipal lembramos que os nosos socios ou calquera cidadán pode acceder a "Galicia Le" (https://www.galiciale.gal/ ).
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura. GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.


En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o "Catálogo galego" e outro que aloxa o "Catálogo en castelán". As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademais, desde un lector de libro electrónico.


En definitiva, dende a nosa casa temos moitos xeitos de celebrar este Día do Libro Infantil e Xuvenil . Boas lecturas para todos!!


Día do Libro Infantil e Xuvenil
Dende 1967 cada 2 de abril, por iniciativa do IBBY (International Board on Books for Young People), celébrase o Día do Libro Infantil e Xuvenil. Nesta data conmemórase o aniversario do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, figura fundamental na literatura infantil de todos os tempos.


Con esta celebración o IBBY pretende promocionar a boa literatura infantil e xuvenil. Cada ano encoméndase a unha sección nacional a selección das persoas relevantes no seu país que, no campo da escrita e da ilustración, realizarán o cartel e a mensaxe que se traducirá a todas as linguas presentes na organización e se difundirá a nivel internacional.
Este ano 2020 correspóndelle á sección de Eslovenia representar ao IBBY a través do texto de Peter Svetina e o cartel de Damijan Stepancic. A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), como sección da Organización Española para la Literatura Infantil (OEPLI), ocúpase da tradución ao galego e da súa difusión en Galicia.


Neste texto Peter Svetina escrebe:
Cando alguén ten fame e sede, o seu estómago encóllese e sécaselle a boca. Busca encontrar cando menos un codeliño de pan, unha cunca de arroz, un peixe ou unha froita. Canta máis fame, tanto máis se lle estreita a mirada, ata que xa non ve máis ca un bocado ou un grolo que o deixarían farto.


Pero a fame de palabras non se presenta deste xeito, senón que toma forma de abatemento, de apatía, de arrogancia. A xente que sofre deste tipo de fame non é consciente de que na súa alma reina o frío, non se decata de que está a pasar a carón de si mesma e non se ve. Unha parte do mundo váiselle das mans sen sequera notalo.


Esta fame unicamente poden saciala os poemas e os contos.
Podemos acceder o texto completo en: http://www.galix.org/2020/03/2-de-abril-dia-internacional-do-libro.html

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones