Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Estupenda acollida dos primeiros composteiros individuais do plan Revitaliza da Deputación en Tomiño

Acudiu á charla de formación no Pavillón da Carballa toda a veciñanza que estaba citada para recoller o material

Repetirase a reunión co persoal técnico da Deputación e do Concello o vindeiro xoves 27 ás 10.30 horas

Fecha: 20 de Agosto de 2020

Fuente: Deputación Pontevedra

A entrega dos primeiros composteiros inviduais (COIN) do Plan Revitaliza en Tomiño tivo unha estupenda acollida, xa que acudiron a totalidade das persoas das 30 familias convocadas. Todas elas amosaron unha grande implicación e motivación coa compostaxe do lixo orgánico, tendo algunhas das veciñas e veciños presentes xa algo de experiencia na tarefa de facer compost.

No acto de entrega dos composteiros, ademais do persoal técnico do Revitaliza da Deputación, estiveron presentes a alcaldesa Sandra González e a concelleira de Medio Ambiente -xunto á técnica local-, que agradeceron a participación e subliñaron a importancia da concienciación da cidadanía na xestión dos residuos.

A cita foi ás 10.30 horas no Pavillón da Carballa e desenvolveuse seguindo todas as medidas de prevención sanitarias necesarias. Primeiro proxectouse nunha pantalla unha pequena presentación explicativa e á saída entregáronse o COIN, un aireador, un termómetro e un manual de compostaxe a cada representante de cada domicilio.

O reparto continuará o vindeiro xoves 27, cando se entregarán outros 30 COIN. As persoas que os recibirán serán as que se inscribiran a raíz dunha solicitude de subvención do PIMA que resultou fallida para o concello. Posteriormente e grazas á subvención da Deputación de Pontevedra, realizaranse novos repartos, chegando a entregar ata uns 3000 COIN, instalar uns 14 CCC ademáis dos dous existentes, mercar un camión grúa, microtrituradoras para deixar en empréstito á veciñanza e instalar algún punto verde para a recollida de poda.

Instalacións de novos centros comunitarios
Por outra parte, na mañá de hoxe comezou a construírse a base de celosía para a instalación de novos centros de compostaxe comunitaria de Daniel Calzado (de seis módulos) e o que dará servizo ao Mercado (de dez unidades modulares), que irán xuntos na mesma plataforma.
O persoal técnico da Deputación e do Concello será o encargado de dar a formación necesaria e resolver todas as dúbidas de toda a veciñanza e produtores singulares que farán as achegas en ambos centros comunitarios.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones