Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

#euquedonacasa continúa actualizándose con experimentos, manualidades e receitas

Todas as persoas interesadas poden seguir enviando fotografías para participar nos xogos -En casa pero en forma- e -Eu debuxo na casa-

Todas as persoas interesadas poden seguir enviando fotografías para participar nos xogos -En casa pero en forma- e -Eu debuxo na casa-

Fecha: 06 de Mayo de 2020

Fuente: Concello do Rosal

A pesar de que xa se pode saír empezar a saír a rúa de xeito controlado e extremando todas as precaucións, a plataforma ‘#euquedonacasa' do Concello do Rosal segue actualizándose e estreando propostas sinxelas e divertidas para toda a familia para pasar o resto do tempo de confinamento. Os experimentos, as manualidades e as receitas seguen a ser os apartados con máis novidades, aínda que tamén poden atoparse novas propostas no apartado de medio ambiente ou no de recomendacións, por exemplo.

Nos últimos días os rosaleiros e rosaleiras xa puideron desfrutar dun novo vídeo de ioga da risa por cortesía de Sabine Pfister, unha actividade que busca mellorar o estado de ánimo nestes días a través de xogos e exercicios cos que aprender a rirse a vontade. Tamén no apartado de recomendacións vanse publicando os cadernos que semanalmente elabora a Asociación Párkinson Baixo Miño para estimular e reforzar a memoria.

Esta semana estréanse tamén novas ideas coas que experimentar cos nenos e nenas da casa para aprender de xeito divertido usando materiais que se teñen a man. Así, pódese sorprender aos rapaces e rapazas facendo papel que non arde, crear circos de cores coa cromatografía decorativa con rotuladores, aprender recollendo todo o ciclo da auga nunha bolsa ou descubrir as marabillas da ciencia facendo fluído non newtoniano, un material que ás veces é líquido, ás veces sólido.

Novidades tamén no apartado de manualidades, que dá paso á creatividade dos máis cativos e cativas da casa, pero tamén dos maiores, recollendo ideas sobre como facer buxainas ou peóns con só catro elementos; xoias de papel con pasta de sal empregando soamente sal, auga e fariña; papa-moscas divertidos reciclando os rolos de papel hixiénico ou mandalas caseiros con os obxectos máis dispares que se teñan na casa. Na cociña é momento de probar as receitas como a de mousaka, a de taboulé ou a dunha crema de cacao e abelás caseira para chuchar os dedos.

En medio ambiente os rosaleiros e rosaleiros poderán seguir consellos para reciclar e aforrar, en emprego ter resposta a todas as dúbidas que van xurdindo con motivo do COVID-19 e coñecer as distintas medidas que se van adoptando e o recuncho de lectura acollerá nos vindeiros días todo o relacionado coas actividades do Día das Letras Galegas.

Ademais continúan en marcha os xogos:

• #nacasaperoenforma, no que se pide aos veciños e veciñas que envíen fotografías facendo deporte na casa, imaxes que recollan situacións cómicas, levantamentos de pesos orixinais, retos imposibles...

• #eudebuxonacasa, debuxos feitos polos nenos e nenas do Rosal sobre o seu día a día neste tempo de corentena, as actividades que fan, o que lles fai sentir...

As persoas interesadas poden enviar a información a euquedonacasa@concellodorosal.gal cos requisitos indicados nas bases de calquera dos dous xogos, dispoñibles na web.

Todas as rosaleiras e rosaleiros poden contribuír a enriquecer esta plataforma municipal e interactiva achegando as súas ideas, suxestións ou inquedanzas a través do correo electrónico euquedonacasa@concellodorosal.gal.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones